Laura Santos e Mehdi El Nabaoui campións galegos de campo a través

Laura Santos do Playas de Castellón revalidando título, e Medhi el Nabaoui do Atletismo Santiago, coroaronse campións galegos absolutos de campo a través na edición desenvolta durante esta fin de semana en Ribadavia.

Na categoría feminina a atleta lucense do Playas de Castellón resolvería con solvencia un campionato na que puxo de manifiesto a súa calidade sobre o circuito de A Veronza quitando máis dun minuto a súas inmediatas perseguidoras, Natalia Castro do Vicky Foods e a internacional Sub23 Isabel Caeiro da Gimnástica de Pontevedra  segunda e terceira respectivamente.

Equipos mulleres. Campeonato galego campo a través

En homes o flamante fichaxe do At. Santiago para este ano de El Nabaoui, en idade Sub23, confirmaba o seu excelente comezo de tempada logrando o seu primeiro título absoluto nun campionato galego de campo a través. O estradense impúxose nunha moi interesante carreira tanto ao independente Jorge Puig como ao campión galego do ano pasado Esteban Iglesia do Lucus Caixa Rural quenes protagonizaron unha moi apretada loita pola prata que foi parar finalmente ao primeiro deles.

Equipos homes Campeonato galego campo a través

No resto de categorías Natalia Castro do Vicky Foods lograba o título feminino na categoría Sub23 correspondendo o campionato na categoría Sub20 para os atletas da Atlética Lucense Emma Méndez e Miguel Alvariño. Por último Sabela Martínez da S. Gimnástica e Asheber Díaz do Celta Atletismo na categoría Sub18 así como Paula Fernández do S.D. Compostela e Xoel Franco do Beade na Sub16, convertíronse nas novas e novos campións galegos desta edición autonómica.

Lucus e Ría de Foz domiñaron por equipos

No que atinxe á clasificación por clubs, un sorpresivo CCA Ría de Foz  na categoría absoluta feminina lograba o título no colectivo nunha axustadísima disputa co Ourense Atletismo que finalmente quedaba segundo sendo a Gimnastica de Pontevedra o conxunto que ocupaba o terceiro lugar.

En homes o Lucus Caixa Rural reeditaba o título absoluto logrado o ano pasado precedendo tanto ao Atletismo Narón como como ao C.D. Pinarium, equipo este último que lograba o último posto do podio por tan só un punto de diferencia co ADAS CUPA. A formación lucense do Lucus aproveitaba o campionato para facerse tamén co título Sub20 feminino

No resto de categorías a Escola Atlética Lucense proclamábase campioa das categorías Sub20 masculina e Sub16 feminina; o Atletismo Santiago da Sub23 masculina; o AD Fogar e a Gimnástica de Pontevedra da Sub18 masculina e feminina respectivamente e o Atletismo Sada da Sub16 masculina.

Podio masculino

Lea también

Iago Fuertes Leonardo, Mellor Deportista de Narón ´24 na XXXV Gala do Deporte

O Pazo da Cultura foi novamente na noite do venres 22 o escenario no que …