As premiadas na “Campaña de Nadal do comercio de Narón” gastaron os seus vales nos comercios locais

Teresa Fernández

Marina Filgueiras, Mary Medín e Teresa Fernández realizaron entre a xornada de onte mércores e hoxe pola mañá compras en varios establecementos comerciais de Narón para gastar os vales cos que resultaron premiadas na “Campaña de Nadal do comercio de Narón”. 

Un vehículo de cortesía Lexus RZ do Grupo Breogán, levou ás gañadoras, nalgún caso acompañadas de familiares, a realizar o percorrido polos establecementos nos que quixeron realizar os gastos.

Marina Filgueiras

Na xornada de onte Marina Filgueiras acudiu pola mañá a varios establecementos locais para gastar os 400 euros obtidos na campaña, se ben pola tarde foi Teresa Fernández a que fixo o propio para adquirir diferentes produtos por un importe conxunto dos 1.000 euros do seu vale.

Esta mañá foi o turno de Mary Medín, que tamén realizou as compras polo importe gañado, 600 euros. A concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, saudouna este xoves no Concello, antes de saír a realizar as súas compras.

Mary Medín

A cuarta premiada nos últimos sorteos realizados foi Silvia Rodríguez, gañadora de dúas entradas para o parque Warner Bros en réxime de aloxamento nun hotel concertado.

A edil de Promoción Económica agradeceu a implicación dos comerciantes da cidade que se adheriron a esta campaña e recalcou o compromiso do goberno local de “continuar traballando conxuntamente co sector, como vimos facendo, para dinamizar as vendas nos comercios locais e, ao mesmo tempo, dar a coñecer a súa gran variedade e a calidade dos productos que ofrecen á clientela”.

Así mesmo, Olga Ameneiro, destacou o gran éxito de acollida que un ano máis tivo a “Campaña de Nadal do comercio de Narón e a gran cantidade de clientas e clientes que participaron nos diferentes sorteos, aos que tamén agradeceu a súa implicación e animou a continuar apostando polo comercio local.

Lea también

Un hombre herido al ser atropellado en un paso de peatones en la carretera de Castilla, en Narón

Un hombre resultó herido sobre las 8,30 horas de este miércoles al ser atropellado en …