Programación en Cedeira da cabalgata e concerto de Reis

Os Reis Magos visitan este venres 5 a vila de Cedeira, horas antes da noite na que reparten agasallos ás crianzas.

A súa cabalgada percorrerá as rúas da localidade a partir das 18.00 horas e deterase no Auditorio Municipal, sobre as 19.00h, para recoller de xeito personalizado as cartas dos nenos que queiran achegarse a eles. A continuación, sobre as 19.30h, participarán tamén nunha festa infantil que se vai desenvolver nas instalacións do CEIP Nicolás do Río, na que haberá xogos inchables e unha merendola con chocolate quente e roscón ou bola.

A cabalgata sairá desde o colexio Nicolás do Río e tomará o Camiño Real da Madalena.

Percorrerá despois a avenida Castelao, a rúa Ezequiel López na zona vella, praza de Galicia e avenida da Area. O Concello conta coa colaboración das asociación Mulleres da Vila, Aturuxeiras, a ANPA Picapeixe, Protección Civil e Buxainas, cuxa banda de gaitas irá animando o percorrido.

O programa de actividades de Nadal promovido polo Concello culminará na noite do 6 ao 7 coa Festa de Reis, que se vai desenvolver baixo a carpa instalada na praza Roxa a partir das 23.30h. A verbena estará amenizada pola orquestra Olympus.

Ata este xoves 4, mantense o parque de xogos no Polideportivo Municipal de 16.30 a 20.30h, funcionará unha zona de obradoiros e tres inchables. Pola tarde haberá tamén unha proposta de xogo con realidade virtual e o venres, última tarde de programación, montarase un circuíto para cars a pedais e rollers e outro circuíto de coches de radiocontrol. A entrada é de balde.

Lea también

Ortigueira abre el plazo de solicitudes para el programa de ‘Agasallos de Nadal 2025’

El gobierno local lanza un año más una iniciativa de ayuda para que ningún niño …