Navitrén e os Poboados de Nadal continúan en Narón operativos

O Navitrén continúa percorrendo esta semana, ata o xoves día 4 incluído, algunhas das principais vías da zona urbana. En colaboración coa Asociación de Comerciantes de Narón o Concello impulsou esta proposta, de balde, e cuxos tickets das viaxes obtéñense por compras realizadas nos establecementos adheridos á campaña, preto de oitenta na cidade.

O Navitrén sae da estrada de Castela, nas inmediacións da Casa da Cultura, e realiza ao día dous percorridos, un máis longo, en horario de mañá, dende o Concello ata o muíño de Xuvia, pola estrada de Castela e outro máis curto, polas tardes, percorrendo un tramo da estrada de Castela, as rúas Rafael Bárez, Vigo, a avenida Concepción Arenal, estrada da Gándara e Bispo Argaya.

As saídas son ás 11:00, 12:00 e 13:00 horas pola mañá e ás 16:00, 17:00. 18:00, 19:00 e 20:00 horas polas tardes. Así mesmo, continúan operativos os Poboados de Nadal instalados na Praza da Gándara e que pecharán as súas portas o vindeiro venres 5 de xaneiro, xornada esta última na que abrirán en horario de mañá, de 11:00 a 13:00 e tamén pola tarde, de 17:00 a 20:00 horas, tal e como indicou a edil de Festas, Mar Gómez.

Pódense realizar algunhas compras nos postos instalados (librarías, bisutería, doces, artesanía, decoración…), e tamén participar en diferentes xogos baixo unha carpa instalada na zona.

Lea también

Un hombre herido al ser atropellado en un paso de peatones en la carretera de Castilla, en Narón

Un hombre resultó herido sobre las 8,30 horas de este miércoles al ser atropellado en …