A Deputación apoia a exaltación da vieira da ría na festa da virxe da Parrocheira, Ferrol

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o patrón maior da Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol, Gustavo Chacartegui, asinaron un convenio polo que a institución provincial colabora cunha achega de 14.180 euros no financiamento da exaltación da vieira da ría durante a festa da virxe da Parrocheira, en Ferrol, que tivo lugar do 8 ao 10 de setembro.

A Confraría de Pescadores e Mariscadores conta con máis de 190 persoas socias e leva traballando ininterrompidamente desde hai máis de 100 anos, facéndose cargo da venda de peixe e marisco capturados polos traballadores do mar de Ferrol e dos portos veciños da Ría.

A entidade encárgase de dar continuidade a unha celebración histórica coa que se fai promoción dos produtos da Ría e do traballo dos mariñeiros nela.

Con este convenio, a Deputación apoia a promoción dunha festividade que contribúe á xeración de emprego para este sector, dando a coñecer o produto entre os grandes distribuidores, e promove o consumo dun produto de calidade e proximidade, obtido de maneira sostible, poñendo en valor o traballo da xente de Ferrol.

Esta colaboración mostra o compromiso do ente provincial coas festas tradicionais de carácter cultural e gastronómico, neste caso cunha das máis antigas da cidade ferrolá e que se desfrutan nun lugar emblemático como o é o Peirao de Curuxeiras.

Lea también

El Concello adquiere la parcela de Jabones Tucho en Ferrol Vello

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, firmó ante notario la escritura de compra …