Carreira popular de Nadal e verbena nocturna en Cedeira para despedir o 2023

Cedeira vai pechar o ano entre o deporte e a troula; O programa de actividades organizado polo Concello inclúe para este domingo 31 de decembro, a “Carreira Popular de Nadal”, unha cita lúdica e non competitiva con saída desde a praza Roxa ás 12.00h, e xa despois das uvas a Festa de Aninovo coa actuación da orquestra Origen.

A San Silvestre de Cedeira anúnciase coa definición de “carreira/andaina” para destacar o seu carácter aberto e non competitivo. De feito, non é precisa a inscrición e tampouco ten clasificación. A cita deportiva, aberta a todas as idades e na que cada quen corre ou camiña ao seu ritmo, celebrouse por primeira vez no ano 2013 e desde aquela contou todos os anos cunha alta participación, excepto en 2020, suspendida pola pandemia.

O Concello conta coa colaboración do Natación Cedeira para organizar esta proba. Na mesma praza Roxa na que ao mediodía tomará a saída a carreira, acollerá pola noite a verbena de benvida ao 2024. Comezará á 01.00h e contará coa actuación da orquestra Origen.

Despois de que o pasado ano o forte temporal obrigara a suspender a festa e trasladala ao día 6, o goberno local decidiu repetir desta volta nas dúas datas. Así, de novo haberá unha festa de Reis na noite do 6 ao 7, co orquestra Olympus, para pechar o programa festivo de Nadal.

No preámbulo do peche de ano van celebrarse dous concertos organizados pola asociación Ópera Studio. O xoves 28 ás 20.00h no Auditorio de Cedeira, o barítono Fran Pérez Piñón e a soprano Sara Cayetano Sío interpretaran unha selección de arias de ópera acompañados ao piano por Gabriel López.

Este venres 29, ás 19.00h, o Auditorio acollerá un concerto do cuarteto de trompas “Catrocores”, formado por Aida Lozano, Ana Vergara, Mónica García Bereijo e Alma Sarasola. Entrementres segue a funcionar o parque de xogos no Polideportivo Municipal, con inchables e outras atraccións instaladas e abertas de balde de 16.30 a 20.30h.

A novidade foi a apertura dun espazo con realidade virtual e unha “Interactive Wall”, mentres que o venrres 29 e sábado 30 chegará a quenda da Battle Nerf Arena e da Barredora Wipeout. Tamén o citado venres, no mesmo horario, haberá unha festa acuática na piscina municipal, para rapaces a partir de dez anos. As atraccións abrirán de novo as súas portas o día 2, cando estará instalado no exterior do Polideportivo o Tirachinas Jumping.

Lea también

Rueda subraya la inversión en infraestructuras del agua en Ares para impulsar el turismo de calidad

El presidente de la Xunta destaca la necesidad de servicios «a la altura» del entorno …