Axentes sociais e económicos de Narón participaron nas sesións da Axenda Urbana 2030

O Concello de Narón acolleu na tarde deste xoves pasado dúas novas sesión participativas da Axenda Urbana 2030 de Narón. A primeira convocatoria, con axentes sociais e económicos da cidade, levouse a cabo a partir das 17:00 horas, e no transcurso da mesma informouse aos asistentes de que actualmente se está desenvolvendo unha estratexia territorial integrada para elaborar a continuación un Plan de Acción Local. A edil de Participación Cidadá e Promoción Económica, Olga Ameneiro, estivo presente na convocatoria, á que asistiron representantes dos citados sectores.

Na reunión, persoal técnico explicou que a cidade ten a posibilidade de optar a unha nova convocatoria de fondos europeos en solitario, sen ter que optar ás mesmas conxuntamente con Ferrol, como no caso de Edusi, debido a cuestións poboacionais. “É moi importante marcar unhas liñas de actuación e os obxectivos de cara ao ano 2030 e queremos que se faga de xeito consensuado para contar cun documento realista e viable”, indicou a edil.

No plan a desenvolver concretaranse as iniciativas, tanto públicas como privadas, que se queiran levar a cabo nese período, marcando na estratexia as posibles liñas de financiación. As actuacións deberán ter, tal e como se indicou, unha triple finalidade: da dimensión física e ambiental, mellora da dimensión económica e a competitividade e mellora da dimensión social deses territorios. “Para acadar eses fins é imprescindible que os axentes sociais, económicos e as administracións traballen na mesma dirección”, apuntou Ameneiro. As persoas interesadas en colaborar poden aínda facelo a través da plataforma cidadá.

Narón Participa, dende a web do Concello, onde está publicada información de todo o procedemento. O persoal que acudiu á convocatoria plantexou algunhas propostas que se recolleron no transcurso da mesma e tamén se comprometeu a continuar analizando os posibles ámbitos susceptibles de melloras. En xaneiro de 2024 dará comezo o período de retorno de resultados do proceso de participación, que valorará previamente persoal técnico municipal. A través do Plan de Acción Local, no marco da Axenda Urbana Española, os concellos terán máis posibilidades para obter financiamento europeo a través do Marco Financieiro Plurianual 2021-2027.

A continuación, sobre as 18:30 horas, deu comezo o Consello Xeral de Participación Cidadá, no que ademais da edil responsable da área estiveron presentes o concelleiro de Servizos e Medio Ambiente, Manuel Ramos, representantes de todos grupos políticos da corporación local, persoal da Escola de Participación Cidadá de Narón e integrantes das entidades veciñais de San Xiao, O Val, A Gándara, O Couto e da Sociedade Cultural Areosa.

No Consello Xeral de Participación informouse tamén, por parte do equipo responsable da estratexia, sobre o proceso de participación no marco da elaboración da ETI e o Plan Estratéxico de acción Local de Narón 2030. A maiores, abordouse o estado actual do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, que se prevé aprobar o vindeiro ano e tamén o plan de implantación inicial de recollida da fracción orgánica de residuos sólidos urbanos, para a continuación abrir un período de diálogo entre os asistentes.

Lea también

El gimnasio Benygym de Narón brilla en el Open Nacional ISKA de Bilbao de Kickboxing

El gimnasio Benygym de Narón volvió a demostrar el excelente nivel de sus competidores tras …