Psoe Ferrol lamenta que o goberno local falte á verdade nas comunicacións oficiais

Neste caso, os socialistas de Ferrol refírense á autoescaleira do servizo de Bombeiros de Ferrol que foi entregada esta semanae que según afirmou o edil Germán Costoya, «non se recepcionou polo goberno anterior porque tiña unha avería grave que a empresa subministradora, Caixabank, non era quen de amañar e ante isto, en defensa dos intereses públicos, non se podía pagar e levar a cabo dita recepción».

«Entendemos que dita avería está solucionada coas debidas garantías a día de hoxe, do cal nos alegramos», dixo Costoya. Por outra banda, o concelleiro socialista tamén reclamou que «o goberno de Rey Varela aclare a afirmación sobre a débeda do seguro do vehículo, tal e como se afirma na súa nota de prensa oficial»

A este respecto, Germán Costoya informou de que «dito seguro estaba incluido no propio renting da autoescaleira». Así mesmo, os socialistas piden ao Partido Popular «que informe dos intereses de demora aos que se fai referencia, xa que ao goberno anterior non lle constaba ningún tipo de reclamación dos mesmos»

Sobre este punto, Costoya subliñou que «o total de 147.000 euros de liquidación ao que se fai referenciana información institucional foi acordado no anterior goberno socialista o día 7 de setembro de 2021 con Caixabank, e non incluía ningún tipo de pago por intereses de demora nin por ningún seguro, quedando pendente dita liquidación a que o vehículo fose reparado»

«Polo tanto, terá que explicar tamén o goberno de Rey Varela a que se refire coa afirmación de que chegaron a un acordo por unha cantidade inferior á que se debía», manifestou.

«Por todo iso, e dado que a motivación pola cal se comunica, mediante nota oficial, que non se tiña recepcionada a autoescaleira non é certa, facendo ademais mención a supostas débedas que tampouco o son, solicitaremos de inmediato toda a documentación con respecto a esta recepción, e agardamos que non se trate dunha nova submisión a unha empresa privada, tal e como aconteceu recentemente cunha prórroga do 100% de tempo de execución das obras de reparación do Parque de Bombeiros», asegurou.

«É unha pena que o goberno de Rey Varela non teña a mesma presa en rematar as obras do Parque de Bombeiros que en pagarlle a Caixabank»

Asimesmo, solicitamos que «o goberno de Rey Varela trate con rigor a súas comunicacións a través das vías oficiais do Concello e deixe de facelo como si dun panfleto propagandístico do PP se tratase, donde o mesmo lle da faltar á verdade que plaxiar proxectos de outros concellos»

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …