Atención de visitas presenciais e en liña no mes de decembro no Museo de Historia Natural de Ferrol

Reforzando e potenciando a actividade habitual no Museo de Historia Natural da SGHN en Ferrol, na que contan ao longo do ano coa colaboración do concello de Ferro, e onde ofrecen a atención das visitas presenciais e en liña dende o museo (conexións en directo cos centros educativos e outros), neste mes de decembro anuncian que contarán tamén co patrocinio da Deputación da Coruña.

Desta maneira, seguindo coa nosa actividade divulgativa dende o Museo de Historia Natural, ofrecerán visitas guiadas presenciais e en liña, tanto aos centros educativos como a outras asociacións e institucións, que tamén serán gratuítas este mes, baixo demanda gracias a éste patrocinio extra.

Para solicitar máis información sobre estas visitas, pódese contactar previamente co MHNF a través do correo electrónico museo@sghn.org ou nos teléfonos 881.931.315 e 698.141.384 no horario habitual de atención ao público.

Lea también

Inauguración de la jornada Ferrol, motor de proyectos transformadores con impacto

El teniente alcalde de Ferrol, Javier Díaz Mosquera, participó en la mañana de este jueves …