Visita institucional ás obras de restauración da Igrexa de Sta. Rita de Xuvia, en Narón

A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do bispo da Diócese Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos, supervisou este lúns os traballos acometidos pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades a través da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural na igrexa de Santa Rita de Xuvia, e que se ultiman estes días co pintado final.

A igrexa de Santa Rita, protexida polo seu valor cultural, ao ser un ben incluído no Catálogo do Patrimonio de Galicia, presentaba unha serie de problemas derivados do mal estado de conservación dos morteiros das partes baixas do interior da igrexa e nas torres, así como problemas de oxidación de certos elementos metálicos derivados da presenza de humidade e filtracións no interior do inmoble.

As obras executadas incluíron a renovación dos morteiros, aplicando un novo revoco de morteiro de cal deshumidificante e pintura de silicato, así como a limpeza e posterior pintado con esmalte fronte á corrosión dos elementos metálicos; En total a Xunta inviste 187.043 euros nas obras de restauración destes morteiros da zona baixa da igrexa.

A delegada territorial enmarcou as actuacións no compromiso do Goberno galego por “manter e preservar nas mellores condicións posibles o rico patrimonio cultural co que conta Galicia, dando solución aos problemas derivados do paso do tempo, como é o caso da igrexa de Santa Rita de Xuvia”.

 

Lea también

Axenda en Narón do 22 ao 23 de novembro

Venres 22 de novembro de 2024 Actividade: Obradoiro de defensa persoal para as mulleres Hora: …