Visita ás obras da residencia de saúde mental de As Pontes

A concelleira de Benestar Social, Tania Pardo e o concelleiro de Urbanismo, Antonio Alonso visitaron as obras de construción da Unidade Residencial de Saúde Mental de As Pontes, promovida pola Asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal.

Durante a visita, na que tamén participou o presidente da asociación, Felix Pena e a conselleira de Política Social, Fabiola García, a concelleira Tania Pardo lembrou a importancia deste novo equipamento, o cuarto en Galicia e décimo terceiro en España,co que se cubrirá a ausencia de recursos sanitarios, na área de Ferrolterra, para pacientes con trastorno mental severo de longa duración, con importantes limitacións e sen posibilidades de apoio familiar e para os que son insuficientes os pisos protexidos por precisar dun apoio e supervisión 24 horas diarias.

O proxecto, cun investimento de próximo aos 2 millóns de euros conta co apoio económico do Concello de As Pontes que aporta 400.000 euros así como do goberno de España a través dos fondos europeos do Mecanismo para a Recuperación e a Resiliencia e da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

A unidade residencial terá unha capacidade de 25 prazas, nun total de 1.000 metros cadrados construídos, distribuídos en tres habitacións dobres, 19 individuais, zonas comúns para esparexemento e ocio, zona para taller de actividades, comedor, cociña e almacén, oficinas, e despachos de atención personalizada.

Todo elo coa aparencia dunha vivenda unifamiliar, co obxectivo de que as persoas usuarias podan facer unha vida o máis normalizada posible, en réxime de convivencia familiar, integrada no ámbito comunitario e nun entorno vivo próximo ós servizos sanitarios e sociais.

Entre os servizos que prestará a unidade residencial de saúde mental destacan os programas individualizados de atención especializada, un plan de apoio familiar, asistencia nas actividades básicas e instrumentais da vida diaria, actividades de lecer e tempo libre así como rehabilitación funcional, terapia ocupacional, estimulación cognitiva e atención psicolóxica, entre outras que recaerán sobre un equipo de traballo multidisciplinar con profesionais procedentes do sector sociosanitario.

A Unidade Residencial será construída de acordo cas directrices do Decreto 347/2002, de 5 de decembro, polo que se regulan os pisos protexidos, vivendas de transición e unidades residenciais para persoas con trastornos mentais persistentes, e teranse tamén en conta as directrices arquitectónicas e de servizos aportadas pola Consellería de Política Social para a creación de Residencias de persoas con discapacidade.

Lea también

Abierto el plazo para participar en la VIII Carrera escolar Concello de Neda

Ya están en marcha los preparativos para la octava edición de la Carrera Escolar de …