Éxito en Moeche do mercado especial de Nadal

O mercado especial de Nadal de Moeche, celebrado na nave principal de San Ramón o sábado pasado estivo moi animado, os visitantes atoparon de todo un pouco, artesanía, agasallos, obxectos decorativos e, sobre todo, alimentación cobraron un protagonismo especial dos produtos de temporada e viandas que poñer na mesa durante estas festas.

Durante toda a mañá os nenos tiveron obradoiros para se entreter, como por exemplo un de tatuaxes que desaparecen ao cabo duns días e outro para facer árbores, estrelas e outros obxectos decorativos do Nadal.

O Grupo de Participación Infantil do CLIA de Moeche preparou unha actividade con cubos de Rubik divididos en catro sesións de 30 minutos

Chocolates, chacinas, pan, empanadas, queixos e incluso conservas, zumes e marmeladas elaboradas por Bieiteiras no centro de transformación agroalimentaria A Fusquenlla

Acendido da iluminación de Nadal en San Xurxo
 
A asociación veciñal Val de Moeche xuntéronse no local social do Pereiro para o tradicional prendido das luces de Nadal onde houbo chocolatada e música, coa actuación dos grupos de cantos de taberna de Moeche e de As Pontes.  

Lea también

Mugardos junto con la asociación ‘Patio Verde’ buscan soluciones urbanísticas para el CEIP Unión Mugardesa

El alcalde de Mugardos mantuvo una reunión de trabajo con representantes de la Asociación Patio …