A mesa local de saúde de Ares impulsa unha campaña de fotoprotección

Durante este período estival, a Mesa Local de Saúde aresá, na que se atopan diferentes axentes vencellados coa promoción de hábitos saudables, entre eles o Concello, impulsa unha campaña de fotoprotección contra o sol para lembrar a relevancia de botarse cremanon só nas praias, tamén en calquera evento, espazo exterior ou acto ao que se vaia.

Así, baixo a coordinación da Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS), desprégase unha campaña cun enfoque transversal: terá impacto nos campamentos deportivos municipais e as actividades do Concello ao aire libre, mais tamén chegará a centros educativos a asociacións locais.

Contará cunha dimensión informativa, dando a coñecer os múltiples tipos de cremas solares que hai segundo a actividade (na auga, con suor, con exposición directa…) e achegando pautas de coidado nestas datas de altas temperaturas, entre elas roupa adecuada  incluíndo gafas e gorras–, prestar atención ás horas de exposición ao sol e moita hidratación.

A maiores, instalaranse dispensadores de crema solar totalmente de balde nos eventos municipais, facilitando o acceso da veciñanza á protección, e tamén se repartirá nos campamentos deportivos da concellaría de Deportes, así como nas actividades que presenten unha exposición ao sol considerable.

Toda esta iniciativa de concienciación é resultado das dinámicas establecidas na Mesa Local de Saúde de Ares, constituída en febreiro deste ano, e que xa realizou os primeiros pasos de diagnose e deseño de propostas para o municipio. Na Mesa participan axentes chave como o Concello, o centro de saúde, centros educativos, clubes deportivos, asociacións locais e outros axentes da localidade con relevancia na promoción da saúde.

Neste #VeraneAres2025 non quedes sen protexerte: bota crema solar!

Lea también

El Supremo anula la autorización de un eólico en Moeche al no analizar los efectos con parques cercanos

El Tribunal Supremo ha anulado la autorización administrativa del parque eólico Moeche, en la provincia …