O Esteo suma un punto na casa ante IES Coruxo

Instante do O Esteo ante IES Coruxo | Xosé Ferreiro

Xosé Ferreiro

O Esteo rescatou un punto nos derradeiros instantes no seu encontro deste sábado ante o IES Coruxo, da maravillosa localidade olívica.

Tras gañar a semana pasada ao Sala Ourense 4-5, con catro tantos de Jhony, os locais afrontaban este choque co ánimo de dar outro paso adiante.

Os visitantes chegaron a ir gañando 0-3 (con 0-2 ao descanso), e 2-4 a moi pouco do final, pero o porteiro-xogador deulles resultado os locais ata o 4-4 definitivo para conseguir rescatar un punto.

Goles do capitán Héctor (2), Jandro e Troncho. Os locais son penúltimos este sábado, xa con 7 puntos, rematando o ano, tamén nas maravillosas terras asturianas, visitando ao Racing Mieres.

É o único equipo desa comunidade na categoría, e será un trascendental partido ante un equipo dous postos e un punto por riba, coas baixas de Cokito e Costi.

O Esteo: Xeito, Costi, Héctor, Jandro, Jhony – Marcos, Cokito, Sergio, Troncho, Juan.

IES Coruxo: Joel, Pablo, Pedro, Daniel, Martín – Adán, Iago, Alexis, Fabio.

Goles: 0-1, Fabio (1´), 0-2, Iago (19´). 0-3, Pedro (31´), 1-3, Héctor (33´), 2-3, Jandro (36´), 2-4, Pablo (37´), 3-4, Troncho (38´), 4-4, Héctor (39´).

Incidencias. Amarelas a Cokito, Marcos, Juan, Jandro, Xeito, Jhony, Alexis, Martín, Pablo, Iago. Expulsados con vermello directo, Cokito (29´), Costi (36´), e por doble cartón Pedro (39´). Uns 100 espectadores no Pavillón Municipal.

Lea también

Las obras de la ‘Cidade do Deporte’ en FIMO empezarán antes de finalizar el año

Empieza la cuenta atrás para que el gran proyecto de la ‘Cidade do Deporte’ empiece …