O CLIA de Cedeira participa nunha xornada da EGAP e Unicef

Carme López López, Mailén Marín Fernández e Martín Gutiérrez Couto representaron ao Consello Local de Infancia e Adolescencia de Cedeira nas V Xornadas Formativas de Cidades Amigas da Infancia que se celebrou en Santiago de Compostela, organizadas pola EGAP e Unicef.

Os tres tomaron a palabra para expoñer a experiencia do desenvolvemento dos orzamentos participativos na súa vila, unha tarefa que o Concello pon cada ano en mans de alumnado de Secundaria do IES, nunha mesa na que tamén interviron representantes de entidades homólogas de Moeche e Viveiro.

Na súa intervención, Carme López, Mailén Marín e Martín Gutiérrez explicaron o proceso de desenvolvemento dos orzamentos participativos de Cedeira e o interesante que resultou coñecer como é a tramitación de calquera actuación por parte dunha administración local, “e ver que pode resultar máis complicado do que parece nun principio”.

Expresaron tamén a emoción de ver que o esforzo realizado na elaboración destes presupostos deu froitos reais, “porque quen vai cambiar o mundo se non o fai a xuventude?”.

O CLIA de Cedeira, recén constituído o pasado novembro, participara tamén este mes no Foro da Infancia que Unicef celebrou no Parlamento de Galicia.

Lea también

A Escola Municipal de Baile de As Pontes será a progoeira das Festas do Carme e a Fraga 2025

O cartel das festas, obra de Laura DEcibreiro mestura elementos visuais que evocan as dúas …