Sobremesas de Nadal e música na Agrupación Instrutiva Caamouco

O Nadal segue avanzando na Agrupación Instrutiva Caamouco AIC. Trala intensa fin de semana do Merca Talento, que resultou de novo un éxito, a entidade encara outra fin de semana de actividades.

O sábado 16 ás 11:00 horas vaise celebrar un obradoiro de sobremesas de Nadal. A proposta, deseñada para a rapazada, inclúe a elaboración de turróns, mazapáns e galletas. As inscricións pódense facer no 626 10 72 31.

Ao día seguinte, o domingo 17, terá lugar o habitual Concerto de Nadal da Agrupación. Nesta edición virá da man do Tradicoro de Airiños de Fene.

A actuación vai ser ás 18:00 horas e, acto seguido, o público presente será convidado a uns petiscos cos que a entidade quere agradecer a participación e implicación da veciñanza nas actividades que se organizan ao longo de todo o ano.

Concurso de postais

Ademais, este fin de semana tamén terá lugar a entrega dos premios da cuarta edición do concurso de postais que organiza a Agrupación Instrutiva. Este ano participou preto dunha vintena de nenos

Os gañadores foron Benjamin de Vargas Carneiro (7 anos) na categoría de ata 7 anos e Valeria Villares Otero (9 anos) na categoría de 8 a 12 anos. Os dous recibirán o seu premio o citado sábado ás 12:30 horas nun acto que terá lugar no Obrador de Laura, establecemento situado na parroquia de Caamouco que patrocina o concurso.

Lea también

Valdoviño acoge el documental “Emoción, vida e teatro. A nave das Marías”

El Ciclo Mestro Mateo continúa esta semana en Valdoviño con la proyección del documental «Emoción, …