Psoe Ferrol solicita o parque canino de Canido e a mellora do existente no Bertón

O grupo do PSdeG-PSOE de Ferrol solicita ao goberno municipal que acometa á maior brevidade posible o parque canino de Canido e a mellora do existente no Bertón, tal e como quedou proxectado polo anterior goberno socialista

O grupo municipal socialista vén de propoñer ao goberno local  ferrolano que o parque canino comprometido pola Xunta de Galicia en Ferrol sexa executado no Ensanche A. Como apuntou o concelleiro Germán Costoya, que trasladou esta petición á concelleira da área na comisión informativa correspondente, trátase dun barrio moi poboado e con moitos cans.

«Non hai máis que darse un paseo polas súas rúas para comprobalo», afirmou Costoya, que engadiu que «a realidade é que tan só dispoñen dun minúsculo recinto, e en malas condicións, para poder levar ás súas mascotas, situado na parte traseira do Centro comercial Porta Nova».

Nomeadamente, o lugar proposto polos socialistas é nos terreos que lindan coas vías do tren, por enrriba do Palco das Ánimas, próximos á nova ponte peonil que comunica o barrio do Ensanche A co barrio de Santa Mariña, o que permite o acceso da veciñanza das dúas zonas ferrolás.

O concelleiro socialista explicou que «nese espazo pódese desenvolver un parque de grandes dimensións, coa posibilidade de facer unha división interior,de modo que quede unha zona para cans de mediano e gran tamaño e outra para cans máis pequenos». E que «non sería preciso diminuir as zonas verdes existentes, xa que a extensión de terro é máis que suficiente»

Por outra banda, Costoya solicitou ao PP que «se execute á maior brevidade posible o proxecto do parque canino de Canido que o goberno socialista deixou rematado, así como se desenvolvan as melloras proxectadas polo goberno anterior para o do Bertón»

Ambos proxectos foron redactados seguindo a mesma liña do parque canino de Caranza, tamén proxectado e contratada a súa execución polo executivo de Ángel Mato. «Non vemos impedimento ningún a que tanto o parque canino de Canido como as melloras do existente no Bertón se executen de forma inminente, xa que ambos proxectos están rematados e o custe de cada un deles é de uns 20.000 euros», asegurou Germán Costoya.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …