O Campus Industrial de Ferrol acolle un Mercadiño Artístico de Nadal

A Sala de Exposicións do Centro Cultural Universitario do Campus Industrial de Ferrol acolle o mércores 13 e xoves 14 de decembro, entre as 10:30 e as 19:30 horas, o II Mercadiño Artístico Universitario “El Mercho” que organiza un grupo de estudantes de ultimo curso do grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto que se imparte na Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI).

Na súa edición de Nadal, participan un total de 16 proxectos de marca liderados por alumnado do Campus Industrial de Ferrol vinculado ao grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto e ao grao en Xestión Industrial da Moda, unha titulación multilingüe que se imparte na Facultade de Humanidades e Documentación.

A maiores, tamén se quixeron sumar a esta iniciativa estudantes do grao de Belas Artes da Universidade de Vigo e máis da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picaso da Coruña.

Aqueles membros da comunidade universitaria e/ou público xeral interesado que se acheguen ata o segundo andar do Centro Cultural Universitario ao longo destas dúas xornadas poderán atopar unha ampla variedade de produtos tales como ilustracións, fotografías, esculturas, pinturas, accesorios de moda ou outro tipo de produtos fabricados botando man de material de refugallo.

Cómpre salientar que todos os artigos que están a venda neste II Mercadiño Artístico Universitario “El Mercho” son orixinais e están elaborados de xeito totalmente artesanal.

Lea también

Ya está en marcha un nueva rondalla en Ferrol, «Nas ondas do Mar», tras la ruptura con el Club de Campo

Tras una leve la tempestad en el mundo rondallístico ferrolano al notificar el Club de …