ADOS invita a la cidadanía a doar sangue nos días previos ás festas do Nadal

A Axencia de doazón de Órganos e Sangue(ADOS) convida a toda a cidadanía a doar sangue nas xornadas previas ás festas do Nadal, en especial A Positivo e Cero Positivo, pois nos últimos días produciuse un aumento das necesidades destes grupos sanguíneos.

As temporadas de vacacións, como as vindeiras datas do Nadal, requiren dun esforzo na participación da cidadanía, pois pode descender o número de doazóns pero non sucede o mesmo coa demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros hospitalarios. Por tanto, precisamos da xenerosidade e colaboración de todos e todas para conseguir entre 400 e 500 doazóns diarias de sangue que garantan os compoñentes sanguíneos necesarios para que os hospitais galegos desenvolvan o seu labor asistencial.

Así mesmo, as unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que aseguren o desenvolvemento asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia. ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nas seguintes visitas:

-Mércores 13 decembro:

Pontedeume, Juan Flórez (A Coruña), Mera e Santa Cristina (Oleiros), Fray Rosendo Salvado (Santiago), Ferraría (Pontevedra), Baiona, Navia (Vigo), Praza Maior (Lugo), Monterroso, O Couto (Ourense).

-Xoves 14-decembro:

Mugardos, C.F.P. Cruz Roja (A Coruña), Vilaboa (Culleredo), Pontecesures, Gondomar, Navia (Vigo), Chantada, Nogueira de Ramuín, Xunqueira de Espadanedo, Praza da Mariña (Ourense).

-Venres 15-decembro:

Esteiro (Ferrol), C.F.P. Cruz Roja e Obelisco (A Coruña), Arteixo, Boiro, Sigüeiro (Oroso), Marín, A Guarda, As travesas (Vigo), Monforte, O Carballiño.

-Sábado 16-decembro: Xubia (Narón), Arteixo, Boiro, A Guarda, O Carballiño.

Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:

-HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO, de luns a venres das 8 ás 22 horas; Sábado das 8 ás 15 horas.
-HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑA, de lúns a venres das 8 ás 22 horas; Sábado das 8 ás 15 horas.

-HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL. Os lúns das 15 ás 22 horas; Martes, mércores e xoves das 8 ás 15 horas, e venres das 8 ás 22 horas.

-HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGO. Os luns e venres das 15 ás 22 horas; Martes, mércores e xoves das 8 ás 15 horas.

-PRAZA PAZ NOVOA No 3 DE OURENSE. Os lúns das 15 ás 22 horas; Martes, mércores e xoves das 8 ás 15 horas e
Venres das 15 ás 22 horas.

-HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA. Os luns e venres de 8 ás 15 horas; Martes, mércores e xoves das 15 ás 22 horas.

-HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGO. De luns a venres das 8 ás 22 horas

Doar é moi sinxelo e seguro

Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.

Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.

Lea también

‘Ultreia, O Camiño Inglés a Santiago’ alcanza as dúas etapas finais

Máis de 200 persoas participarán esta fin de semana nas dos últimas etapas de ‘Ultreia …