Se abre este mércores 13 o prazo de inscrición para participar como paxes na Cabalgata de Reis de Narón

O Concello de Narón abrirá mañá día 13 o prazo para participar na Cabalgata de Reis, que se celebrará o vindeiro día 5 de xaneiro na cidade. Establecéronse dúas opcións, unha para menores de 3 a 12 anos e outra para mozas e mozos de 12 a 16 anos. En ambos casos, tal e como indicou a edil de Festas, Mar Gómez, os modelos de inscrición estarán dispoñibles dende mañá ata o 26 de decembro, incluído, na Sede Electrónica do Concello de Narón.

No caso das nenas e nenos de 3 a 12 anos, que deberán ir sempre acompañados dunha persoa adulta hai 36 prazas e deberán anotarse sempre unha persoa adulta cun máximo de tres menores. Ademais do modelo de solicitude tamén se deberá cubrir neste caso o Anexo I dispoñible na Sede Electrónica (será preciso cumplimentar tantos anexos como menores vaian en cada grupo).

No caso dos paxes de entre 12 e 16 anos, establecéronse un total de nove prazas, tres para cada unha das carrozas que acompañarán aos Reis Magos. En todos os casos haberá que facilitar o nome completo do/da menor e a súa idade; o da persoa adulta que o acompañará, a talla de roupa que emprega e asinar as autorizacións pertinentes para participar e poder difundir imaxes.

O sorteo das prazas realizarase o vindeiro 27 de decembro no Concello.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …