O Castelo de Narahío, San Sadurniño, organiza unha sesión vermú

 
A Asociación veciñal O Castelo de Narahío, San Sadurniño, encara as últimas actividades do seu amplo programa anual.
 
Durante este mes de decembro teñen dúas citas preparadas: o tradicional Nadal na Lareira, que se celebrará no local social o venres 22 á noitiña, e esta mesma fin de semana unha sesión vermú na compaña da Corral Poliafónica do Aturuxo de Melpómene.
 
A cita musical terá lugar no Bar Eladio no Eirexado, preto da igrexa de Naraío, este domingo 10 de decembro a partir das 13:00h. O grupo, formado por unha ducia de compoñentes, ofreceranos as mellores versións alternativas e en galego de temas moi coñecidos do pop e o rock de todos os tempos.
 
A actuación encádrase na iniciativa da asociación veciñal para apoiar os dous únicos bares que quedan na parroquia. Neste sentido, ao longo do ano organizáronse varios eventos que se foron alternando entre o Bar O Campo e o Bar Eladio, intercalados no calendario que ten como sede principal o local social da Veiga.

Lea también

Un taxista logra salvarse, a nado, tras precipitarse su coche al mar en As Pías, Fene

Sobre las doce y veinticinco de este jueves, día 21, saltaron todas las alarmas al …