Ferreiro e os edis do grupo de goberno participan na sesión da Axenda Urbana 2030 de Narón

O Concello de Narón continúa avanzando no deseño dunha Estratexia Territorial Integrada (EDTI) da cidade no marco da Axenda Urbana Española do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, que se concretará posteriormente cun Plan de Acción Local.

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e os edís do grupo de goberno acudiron a unha das convocatorias da segunda fase, de participación dos axentes implicados, que consistíu nunha sesión participativa.

O Concello acolleu o pasado venres, día 1, unha sesión informativa co comité responsable e outra de carácter participativo dirixida a persoal técnico dos diferentes departamentos municipais.

O vindeiro 21 de decembro está programada unha nova sesión participativa, neste caso cos axentes económicos –asociacións empresariais, comerciantes, cooperativas…, que se convocarán nos vindeiros días- e un cos integrantes do Consello Xeral de Participación Cidadá.

Na convocatoria abordarase unha fase de priorización de obxectivos e liñas de actuación para, de seguido, abordar o retorno, coñecendo os diferentes proxectos para Narón. Con esta convocatoria pechará o proceso de participación na Axenda Urbana 2030 de Narón, no que dende hai uns días pode participar tamén a cidadanía xeral a través da plataforma municipal “Narón Participa”.

A cidadanía pode aínda, ata o 15 deste mes incluído, presentar as súas achegas de modo dixital, no enlace: https://www.naronparticipa.es/es/naron/proposals/project/1804?tab=stages, onde poderán cubrir un formulario, e tamén a través dunha urna instalada na planta baixa do Concello.

O vindeiro mes de xaneiro de 2024 dará comezo o período de retorno de resultados do proceso de participación, que valorará previamente persoal técnico municipal.

A través do Plan de Acción Local, no marco da Axenda Urbana Española, os concellos terán máis posibilidades para obter financiamento europeo a través do Marco Financieiro Plurianual 2021-2027 nos vindeiros anos.

Lea también

Piden seis años de prisión por un delito de robo con fuerza en un establecimiento de Narón

El próximo jueves, día 12 se celebra un juicio en la sección primera de la …