A campaña “En Nadal, en Cedeira” repartirá 3.300€ en premios

O comercio, a hostalería e en xeral pequenos negocios de todos os sectores participan un ano máis na campaña “En Nadal, en Cedeira”, que repartirá 3.300€ en premios e que vai dirixida a dinamizar as vendas nunhas datas nas que a localidade recibe a moitos visitantes.

O Concello respalda cada ano esta iniciativa, na que non so participan tendas de roupa e outros artigos para agasallar, senón tamén perruquerías, corredurías de seguros, asesorías, ferreterías… ata chegar a uns 175 negocios.

Desde este 5 de decembro ata o 5 de xaneiro repartirán rifas entre a súa clientela, para o sorteo que se vai celebrar o 13 de xaneiro.

Sortearanse 3.300€ en repartidos da seguinte maneira: un cheque de 500€, dous de 300€, seis de 200€ e 10 de 100€. Como é habitual, o sorteo convertirase nun acto festivo, con música, e con moito público asistente. Será o día 13 na praza do Floreal, ás 20.00h.

Durante as festas de Nadal, os establecementos participantes na campaña engalanarán os seus negocios con árbores de luz branca, alfombras vermellas e paquetes de regalo. Tamén o comercio de Cedeira promove este ano o enfeite do exterior do Palacete Municipal cunhas bolas decoradas por alumnado do CEIP Nicolás do Río.

Trátase de bolas procedentes dun negocio de animación infantil que foron doadas ao centro precisamente para realizar esta acción, coa que contribuirán a poñer máis ambiente de nadal na localidade.

Lea también

Fene reafírmase no 25N: feminismo en acción contra a violencia machista

O Concello de Fene reafirma o seu compromiso coa igualdade e a loita contra a …