O Esteo caeu na casa ante o Unionistas Salamanca

Instante do O Esteo – Unionistas Salamanca | Xosé Ferreiro

Xosé Ferreiro

Nova derrota dun O Esteo que viu como se adiantaban os visitantes, e sobre todo anotaban un segundo gol a pouco do descanso. Na reanudación recurtou distancias Jandro pero nun tiro cruzado voltaban a poñer terra de por medio os salmantinos.

Xa co porteiro-xogador voltou recurtar distancias Jandro, e tivo o empate moi claro Costi, pero quixolle regalar o gol a Jhony e ahí acabaron as opcións de puntuar. Xa sobre a bocina nun balón que recorreu toda a pista chegaba o definitivo 2-4.

Oitava derrota consecutiva local antes de visitar a un rival directo como o Sala Ourense, catro puntos por encima.

O Esteo: Xeito, Marcos, Héctor, Jandro, Troncho – Costi, Cokito, Sergio, Jhony, Juan.

Unionistas Salamanca: Jose, Daniel, Alejandro, Martín, Diego – Pablo, Ángel, Sergio, Álvaro, Jorge, Cristian.

Goles: 0-1, Cristian (7´), 0-2, Álvaro (19´). 1-2, Jandro (22´), 1-3, Cristian (28´), 2-3, Jandro (38´), 2-4, Pablo (40´).

Incidencias. Amarelas a Jhony, Marcos, Cokito, Troncho, Héctor, Xeito, Ángel, Víctor, Daniel. Uns 100 espectadores no Pavillón Municipal.

Lea también

El Concello de Ferrol declarará de interés municipal las obras de la ciudad deportiva del Racing

El Racing de Ferrol contará con mayor agilidad a la hora de obtener los permisos …