Aberto o prazo de inscrición para a XV Olimpíada de Xeoloxía no Xeoparque Cabo Ortegal

A Olimpíada de Xeoloxía suma xa 15 anos celebrándose por todo o territorio galego, sendo elixido este ano o Xeoparque Cabo Ortegal para acoller unha das probas da sede da provincia de A Coruña, tras a súa recente certificación pola UNESCO.

Promovida pola AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra), xunto a Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos, conta co apoio da asociación para a xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal e o IES Cabo Ortegal de Cariño, lugar onde se celebrará esta actividade o 7 de febreiro de 2024. Ademais deste emprazamento, simultáneamente levaránse a cabo distintas probas nas outras sedes da Fase Galega, contando coa colaboración da Consellería de Educación, as facultades de Bioloxía de Santiago, de Ciencias da Coruña, a E.M.E. de Minas de Vigo e o Xeoparque Montañas do Courel.

Quén pode participar?
Estas probas están dirixidas ó alumnado de 4º ESO e Bacharelato, podendo participar ata un máximo de 8 alumnos e alumnas por centro. É necesario inscribirse enviando un e-correo a aepectgalicia@gmail.com coa ficha de inscrición correspondente. Cabe resaltar que a preparación do alumnado para a Olimpíada de Xeoloxía na súa fase autonómica será recoñecida con 15 horas de innovación e/ou investigación educativa para o profesorado, 25 horas máis no caso de pasar á fase española.

Ademais, o alumnado de 2º de bacharelato poderá optar ás bolsas que as universidades galegas conceden para as persoas premiadas nas olimpíadas científicas. As probas constarán dunha parte teórica, con preguntas tipo test, e unha proba práctica por equipos en exteriores, se as condicións meteorolóxicas o permiten. As persoas que acaden a máxima cualificación en cada sede pasarán á Fase Española, que se levará a cabo o 13 de abril en Zamora, asumindo a organización os gastos asociados á viaxe.

A elección do Xeoparque Cabo Ortegal para acoller esta proba non é casual. Certificado no ano 2022 como Xeoparque Mundial da UNESCO, a peculiaridade desta zona reside en que atopamos en superficie rochas que habitualmente están no manto da Terra, a máis de 70 quilómetros de profundidade. É por isto que a xeoloxía ten aquí un grande campo para investigar e ampliar o seu coñecemento sobre os cambios e momentos que viviu o noso planeta durante millóns de anos.

A obtención de este distintivo da UNESCO posibilita e incentiva a ampliación do coñecemento do territorio. Os xeoparques exercen tamén como fio condutor dun turismo sostible e desestacionalizado, mesturando natureza con patrimonio, tradición, gastronomía…e por suposto, coa xeoloxía.

Actualmente estase a traballar na promoción do material educativo, estando previsto a dun acto de presentación, así como distintas accións para mellorar a visibilidade do Xeoparque, como unha exposición itinerante (actualmente atópase no concello de Ortigueira) e a previsión de iniciar o proceso de contratación de dúas prazas de persoal propio, as cales serán anunciadas na propia páxina web.

Lea también

La borrasca Caetano obliga a activar alertas nivel naranja y amarillo por vientos y lluvias en Galicia este jueves

Además, MeteoGalicia informa de varios avisos nivel amarillo por lluvias acumuladas puntualmente superiores a los …