O Padroado da Cultura de Narón abrirá mañá venres, día 1, o prazo para o pago do segundo prazo das matrículas das Escolas municipais e tamén para aquelas persoas que desexen formalizar novas matrículas naquelas escolas nas que aínda queden prazas vacantes. O prazo para realizar estes trámites manterase aberto ata o vindeiro 15 de decembro, tal e como se indicou dende o Padroado da Cultura.
As matrículas pódense formalizar nas oficinas do Pazo da Cultura, de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 e de 17.00 a 19.00 e os sábados de 10.00 a 13.00, podendo solicitar máis información ao respecto chamando ao número de teléfono 981 391 144 (extensión 2806) ou a través do correo electrónico: mc.blanco@naron.gal.