Constitución en Ferrol do Consello Sectorial da Lingua

A concelleira de Normalización Lingüística, Patricia Cons, presidiu a constitución do Consello Sectorial da Lingua, do que forman parte un representante de cada grupo municipal, así como un representante da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, da Mesa pola Normalización Lingüística e da Fundaçom Artabria.

Tras a constitución tivo lugar a primeira sesión na que se avanzou a programación do primeiro trimestre de 2024, así como as actividades de dinamización lingüística que se levarán a cabo en decembro e as do programa Alingua da Asociación de entidades locais pola lingua.

O Consello reunirase cada tres meses.

Lea también

Ferrol volverá a impulsar los tardeos este verano con conciertos de pequeño formato repartidos por la ciudad

El Concello de Ferrol y la Asociación de Empresarios e Hostaleiros de Ferrol volverán a …