O Campus Industrial de Ferrol acolle un obradoiro exprés sobre Instagram e Canva

A Aula 2B do edificio de Batallóns acolle este venres 1 de decembro, ás 11:00 horas, un obradoiro exprés sobre o uso e o aproveitamento da rede social Instagram e da web de deseño gráfico e composición de imaxes Canva nos eidos da docencia e da investigación.

A alumna do programa de Doutoramento en Enxeñaría Naval e Industrial da Universidade da Coruña, Isabel Robalo Cabrera, será a encargada de impartir esta formación botando man da súa experiencia como xestora das redes sociais do Colexio de Peritos e Enxeñeiros Técnicos de Almería.

A profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e investigadora individual do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), Laura Castro Santos, promove esta formación exprés dirixida ao persoal docente e investigador do Campus Industrial de Ferrol e aberta ao resto da comunidade universitaria.

As persoas interesadas en participar nesta actividade terán que inscribirse enviando un correo electrónico cos seus datos persoais a isabel.robalo.cabrera@udc.es antes das 14:00 horas do xoves 30 de novembro.

Lea también

Los «Premios Àrtabros » en gráficas y testimonios

En una brillante jornada, con “abarrote total” en la tarde del sábado, día 20 de …