Estudantes da EPEF deseñan un vehículo eléctrico de competición

Máis de 20 estudantes da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) están a traballar no deseño e construción dun coche eléctrico co obxectivo de participar a curto ou medio prazo na tempada de probas de Greenpower Iberia.

Ao longo deste primeiro cuadrimestre, e no marco da materia de Proxecto Interdisciplinar, este grupo de estudantes de grao e de máster dedican boa parte dos seus esforzos a deseñar e construír unha carrocería aerodinámica que mellore a eficiencia e velocidade do vehículo.

Para facilitar todo este traballo, o Campus Industrial da Universidade da Coruña financiou a adquisición dun kit básico que inclúe as rodas, os eixos dianteiro e traseiro, o chasis, o motor así como un par de baterías proporcionado por Greenpower Iberia.

O profesor da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), José Manuel Amado, coordina un proxecto aberto á colaboración doutros centros de ensino de secundaria e de FP de Galicia para organizar na comunidade algunha das carreiras de Greenpower Iberia ao longo do ano 2024.

Un dos primeiros centros en manifestar o seu interese foi o IES Vilalonga de Sanxenxo quen xa ten experiencia neste campionato logo de gañar varios premios nos circuítos de do País Vasco e Navarra.

O proxecto Greenpower

A nivel internacional, empresas como Siemens, Renishaw, Cummins, Jaguar, LandRover, Bentley e Perkins teñen participado neste proxecto para motivar aos e ás profesionais do futuro.

Forman parte desta rede internacional máis de 30.000 estudantes que forman arredor de 2.500 equipos e que participan en preto de 80 carreiras rexionais, nacionais e internacionais nas categorías Goblin (de 9 a 11 anos), Fórmula 24 (de 11 a 16 anos) e  Fórmula 24+ (de 16 a 25 anos) en países como EE.UU, Reino Unido, China, India, Singapur, Malasia, Polonia, Portugal ou España.

As finais internacionais disputaranse en circuítos como o de Silverstone ou o de Goodwood Motor en Reino Unido xunto coas finais nacionais nos Racing Weekends da Real Federación Española de Automobilismo (RFEDA) incluíndo Navarra en 2021, Montmeló en 2022 e Valencia en 2023, espazos onde os equipos educativos Greenpower poden compartir compartir experiencias con profesionais da Fórmula 4, do TCE e ou do Porsche Sprint Challenge de Iberia.

Máis información: www.greenpoweriberia.org

Lea también

Miriam Casillas se estrena en el medio Ironman dentro de su calendario mundial

La olímpica del Triatlón Ferrol debuta este domingo en Valencia en un Ironman 70.3 Miriam …