As Somozas proxecta unha senda peonil na AC-110, ao seu paso por Abeledo

O Concello de As Somozas investirá máis de 80.000 euros no proxecto de construción dunha senda peonil na estrada AC-110, ao seu paso por Abeledo.

Esta intervención, financiada pola Deputación da Coruña, contempla a realización desta travesía peonil de 430 metros de lonxitude e 1,80 metros de ancho. Ademais, previamente á execución do pavimento contémplase a instalación de pozos de rexistro e arquetas con sumidoiro para a recollida de augas pluviais e para a instalación de iluminación pública.

A actuación tamén recolle a construción de dous muros para a contención de terras e dunha varanda modular para optimizar a seguridade das persoas viandantes.

Lea también

A Deputación da Coruña formaliza por case 400.000€ o contrato para a musealización do mosteiro de Caaveiro

O reponsábel de Patrimonio, Xosé Penas, destaca o compromiso da Deputación coa protección e valorización …