Rivas manten unha xuntanza co alcalde de Fene, Juventino Trigo.

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, mantivo no edificio da subdelegación unha reunión co alcalde de Fene, Juventino Trigo, para tratar diversos temas relacionados co municipio

Na reunión á que tamén asistiron a Directora da Área de Fomento, Ana Quintairos; o Xefe de Demarcación de Estradas, Ángel González; o Xefe da Área de Conservación, Francisco Prego; a Concelleira de Seguridade, Alejandra Permuy; o Concelleiro de Urbanismo e Obras, Manuel Polo e a Xerente do SEA, Beatriz Sestayo.

A Subdelegada do Goberno e o alcalde de Fene trataron os avances no convenio entre o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias e o concello de Fene para a supresión do paso indebido do P.K. 33/910 na Liña Betanzos-Ferrol, mediante a construción a pasarela peonil sobre a vía ferroviaria.

En 2022, tras o estudo de alternativas previo, o concello de Fene e ADIF acordaron a opción elixida conforme á análise técnica, consistente nunha pasarela peonil de 14 metros que remata nun dos seus extremos nun ascensor e escaleiras, no canto de ramplas, para minimizar a afección á contorna e as casas  lindeiras. Actualmente estase ultimando a redacción do convenio de colaboración previa á aprobación por parte de ambos os organismos.

No ámbito das estradas de competencia estatal, tras a mellora da seguridade viaria mediante a implantación dunha barreira de formigón no eixo da estrada N-651 no tramo das curvas de Santa Ana, nos PPKK 28+300 a 29+170, restableceuse o xiro á esquerda anteriormente existente mediante un carril central a pedimento do concello de Fene.

O alcalde de Fene e os representantes da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, confirmaron que con estas actuacións diminuíuse significativamente a accidentalidade neste tramo de estrada que en épocas precedentes foi obxecto de varios accidentes con vítimas mortais.

Na reunión analizáronse as peticións do concello de mellorar o tramo urbano da N-651, ao seu paso polo municipio. O concello de Fene expuxo a necesidade de establecer un itinerario peonil seguro en ambas as marxes da estrada estatal N-651 entre os PPKK 29+200 e 30+100. Neste tramo, na actualidade, non existe unha senda ou plataforma reservada para a circulación peonil de modo que os peóns desta zona ven obrigados a circular pola beiravía.

Adicionalmente tratouse a posibilidade de instalar un novo cruzamento peonil seguro, mediante semáforos con pulsador, na contorna do actual cuartel da Garda Civil (PK 29+420 aprox.) así como avanzar na tramitación do proxecto de implantación dunha nova glorieta no PK 29+160, no tramo das curvas de Santa Ana.

Pola súa banda, a Demarcación de Estradas estudará estas necesidades e propostas municipais, a fin de poder articular, conxuntamente co Concello de Fene, as posibles actuacións de mellora de seguridade viaria nesta zona

Tamén examinaron a situación do novo Centro de Saúde de Fene, que ten pendente a cesión de terreos por parte do SEPES, e a resolución e finalización da segunda fase do Polígono Industrial de Vilar do Colo.

Neste sentido a Xerente de SEA – SEPES, Beatriz Sestayo, informou ao concello de Fene a disposición para acordan vías de colaboración para a cesión de terreos de SEPES co fin de interese xeral para o concello de Fene. Dentro de esta colaboración cobra especial protagonismo o estudo de cesión de terreos para a ampliación do centro de saúde de Fene, a tal efecto a Xerente de SEA propuxo manter unha reunión cos veciños e veciñas afectados por dita ampliación.

A representante de SEA trasladou tamén que levan tempo na recuperación das vías esquecidas dende hai anos, a fin de identificar o chan da Empresa Pública Fene, tanto par uso industrial como para uso de vivenda, impulsando tamén a urbanización da mazá Q do polígono industrial que a entidade pública ten no concello de Fene; nese senso a avanzouse información sobre os pasos dados para resolvelo, entre outros, a identificacións das débedas existentes entre as administracións e as actuacións pendentes na zona de delimitación.

De cara a seguir avanzando na resolución definitiva, propuxo que as actuacións se fagan a través de protocolos ou convenios de colaboración, e tamén invitar ao concello de Cabanas a que se sume naqueles temas que sexan afectados, como no caso do polígono industrial de Vilar do Colo.

Finalmente a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e o alcalde de Fene, Juventino Trigo acordaron manter un seguimento dos asuntos tratados na reunión, co obxectivo de ir avanzando na súa resolución.

Lea también

La unidad móvil de donación de sangre estará el próximo martes delante de la Casa de la Cultura de Neda

Una unidad móvil de la Agencia de Donación de Órganos y Sangre (ADOS) se desplazará …