Axenda en Narón do 23 ao 26 de novembro de 2023

Xoves 23 de novembro de 2023

Actividade: Día de Narón Hora: Dende as 12:00 e pola tarde a partir das 16:30 Lugar: Praza 23 de novembro

A praza 23 de novembro acollerá dende as 12:00 horas e pola tarde a partir das 16:30 os actos conmemorativos do Día de Narón. A maiores dun espectáculo de teatro infantil e música, tamén haberá unha degustación, de balde, de callos, bolos preñados e as primeiras porcións da “Tarta de Narón”.

 

Venres 24 de novembro de 2023

Actividade: Charla das unidades de atención á familia e á muller da Policía Nacional Hora: 17:00 Lugar: Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros

A actividade enmárcase na programación deseñada polo Concello para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de xénero. É unha actividade aberta á cidadanía en xeral, ata completar a capacidade da sala.

Actividade: Programa “Espazo xove” Hora: 17:30 a 20:30 Lugar: Casa da Mocidade

Os nenos de 12 a 16 anos son os destinatarios deste programa, no que se habilita unha zona gaming, unha de xogos cooperativos, outra de lectura xuvenil e tamén un espazo creativo de debuxo e pintura.

Actividade: Concerto: Xabier Díaz & As Adufeiras de Salitre Hora: 20:30 Lugar: Pazo da Cultura

A música tradicional galega chega esta semana ao Pazo da man de Xabier Díaz & As Adufeiras de Salitre, co seu terceiro disco, “As catedrais silenciadas”. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Sábado 25 de novembro de 2023

Actividade: ”XVIII Trofeo de tiro con arco en sala Cidade de Narón” Hora: A partir das 9:30 e pola tarde dende as 15:00 Lugar: Pavillón municipal Campo da Serra

O Concello colabora co club Arco Narón na organización deste evento, no que participarán preto dun centenar de arqueiros procedentes de clubs de todas as provincias galegas.

Actividade: Obradoiro de defensa persoal dirixido ás mulleres Hora: 10:00 Lugar: Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros

Preto de 70 mulleres de Narón, de diferentes idades, asistirán a esta segunda e última xornada do obradoiro impulsado dende o Concello con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero. O instrutor policial e experto en defensa persoal feminina José Rodríguez e a doutora en psicoloxía Madó González serán os encargados de impartilo. A clausura e entrega de diplomas será ás 12:00 horas.

Actividade: Contacontos: “Diagnosticando a igualdade” Hora: 11:00 Lugar: Biblioteca municipal

O Concello organiza esta actividade, dirixida a público infantil e que require inscrición previa. A proposta enmárcase nos actos do programa do Día Internacional contra a violencia de xénero.

Actividade: Marcha pola igualdade contra a violencia de xénero Hora: 17:00 Lugar: Saída do parque do río Freixeiro

Preto dun centenar de persoas participarán nesta convocatoria, conmemorativa do Día Internacional contra a violencia de xénero. A camiñata iniciarase en Freixeiro e rematará no quilómetro 100 do Camiño Inglés, no paseo de Xuvia. A actividade require inscrición previa.

Actividade: Programa “Espazo xove” Hora: 17:30 a 20:30 Lugar: Casa da Mocidade

Os nenos de 12 a 16 anos son os destinatarios deste programa, no que se habilita unha zona gaming, unha de xogos cooperativos, outra de lectura xuvenil e tamén un espazo creativo de debuxo e pintura.

Actividade: Teatro: “Unha inimiga do pobo” Hora: 20:00 Lugar: Pazo da Cultura

A compañía Talía Teatro regresa a Narón con esta peza, do xénero dramático que conta a historia de Helena, unha doutora de prestixio internacional que regresa á súa vila natal para comezar unha nova etapa co seu compañeiro. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Domingo 26 de novembro de 2023

Actividade: Teatro Hora: 18:00 Lugar: Pazo da Cultura

O Pazo acollerá un espectáculo para público familiar, no que o protagonismo recae maioritariamente nunha árbore cargado de obxectos e maxia. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Lea también

A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! organiza un obradoiro de toque de pandeireta

A Xornada terá lugar este domingo 13 no Centro Cívico Social de Sedes e será …