A Deputación da Coruña duplica o seu apoio á ABAC

A deputada de Política Social, Mar García Vidal, visitou a sede da Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña (ABAC), onde se reuniu coa directiva da entidade para coñecer o traballo que desenvolven e as súas necesidades.

ABAC é unha das 273 entidades sociais da provincia que contan co apoio da Deputación da Coruña para financiar os seus programas sociosanitarios, terapias de rehabilitación e inserción sociolaboral ou mellorar as súas instalacións.

No caso de ABAC, a Deputación financia desde hai case dúas décadas o servizo de intervención terapéutica a persoas con trastornos alimentarios, cunha achega económica que se incrementou nos últimos anos, pasando de 15.000 € ao ano a preto de 40.000 euros anuais en 2020, 2021, 2022 e 2023. “ABAC atende a 160 persoas e as súas familias e conta cunha lista de espera que non para de medrar.  A cifra de persoas con trastornos alimentarios que demandan axuda de ABAC multiplicouse nos últimos anos e a colaboración da Deputación coa entidade tamén”, explicou Mar García Vidal ao termo da reunión, na que destacou “o gran traballo” que fai ABAC.

O 90% das persoas ás que ofrece apoio ABAC son da área metropolitana da Coruña e as súas idades oscilan entre os 11 e os 65 anos. Segundo explicaron os responsables da entidade, os trastornos alimentarios estanse vendo cada vez máis en persoas máis maiores e do xénero masculino.

Ademáis da actividade terapéutica das persoas con trastornos da alimentación, ABAC ofrece apoio e asesoramento ás familias dos afectados e afectadas, así como o seguemento individualizado dos casos posterior ao tratamento.

Entre as principais demandas de ABAC está poder dispor dun espazo máis amplo e adecuado para poder ofrecer os seus servizos, xa que a demanda medrou exponencialmente nos últimos anos.

Lea también

El Colegio Oficial de Gestores Administrativos de Galicia recuerda que el Sistema Verifactu NO es obligatorio

Desde hace semanas, está circulando información errónea sobre el sistema Verifactu, llegando incluso a confundirlo …