Máis de 2.000 escolares acuden esta semana en Narón ás representacións da 39ª Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil

Un total de 2.198 escolares asisten esta semana ás representacións programadas a través da 39ª Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil no Pazo da Cultura de Narón. Dende onte e ata o mércores 22, as alumnas e alumnos de primeiro a cuarto de Primaria centros de ensino de Narón, Ferrol, Mugardos, Neda, Fene e Ares poden ver a obra “Ándale!!! Buen apetito!!!”, da compañía galega Ghazafelhos.

O Padroado da Cultura e a Deputación da Coruña organizan esta convocatoria, iniciada a comezos deste mes de novembro co fin de achegar o teatro ao ámbito do ensino. As representacións tamén se programaron no Auditorio municipal e nas tres escolas infantís municipais (A Solaina, A Gándara e Piñeiros), ao igual que se fixo en convocatorias anteriores. Un total de cinco compañías, maioritariamente galegas, encárganse de representar outras tantas obras, descentralizando a cultura e ofrecendo aos escolares a posibilidade de acudir a unha representación teatral.

Ao remate da programación prevista para este ano preto de 7.000 escolares de Narón e comarca participarán nesta edición da MOTIX, tamén pensada para alumnas e alumnos de terceiro e cuarto da ESO, Bacharelato e Ciclos de centros de ensino de Narón e comarca.

Lea también

Beach Club Surf&Coffee convoca o concurso de debuxo e redacción para escolares Surfeando no Nadal.

Beach Club Surf & Coffee convoca o concurso de debuxo e redacción «Surfeando no Nadal-Un …

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *