A Deputación reforzará a súa aposta pola economía circular durante 2024

A Deputación da Coruña reforzará en 2024 a súa acción en ámbitos industriais e estratéxicos para o futuro da provincia como a intelixencia artificial, a biotecnoloxía, o sector audiovisual ou a economía circular.

Así o confirmou a deputada de Emprego e Medio Ambiente, Rosa Ana García, ao remate da reunión que mantivo na sede da institución provincial coa xerente do Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (Viratec), Ana Botas.

Unha xuntanza que serviu para sentar as bases de colaboración entre ambas entidades de cara a unha provincia máis sostible desde o punto de vista económico, social e ambiental.

“Para a Deputación, constitúe unha prioridade avanzar na economía circular no ámbito provincial, así como na mellora da xestión actual de residuos e na redución da pegada ecolóxica, mediante un uso máis eficiente dos recursos do noso territorio e impulsando e apoiando a posta en marcha de proxectos e estratexias de economía circular no ámbito local”, explicou Rosa Ana García,  que destacou que “a experiencia de Viratec neste ámbito é fundamental na busca de solucións ambientais no ámbito local”.

“Estes avances só poden vir da man da colaboración, da participación e da implicación do sector privado e das entidades locais como promotoras do cambio dende a base do territorio provincial”, afirmou a deputada, que defendeu o modelo de desenvolvemento sostible “como unha oportunidade tamén para a innovación, o crecemento económico e o emprego”

Lea también

El popular Esteban Ares, nuevo alcalde de Lousame (A Coruña) tras la renuncia de la regidora por motivos personales

Esteban Ares, del PPdeG, es desde este jueves el nuevo alcalde de Lousame (A Coruña) …