O Lugo Sala non deu opción a O Esteo

Instante do O Esteo – Lugo Sala | Xosé Ferreiro

Xosé Ferreiro

Foi unha pisonadora en As Pontes o cadro lucense que conta con ex xogadores de Primeira División como Miguel Muñoz, Iago Rodríguez, Diego Núñez e os irmáns Diz, ademáis do pontés Brunito, que hoxe fixo un hat trick. Equipo que o ano pasado quedou a un so gol do acenso a Segunda División caendo co Melistar.

Pola súa banda o equipo local leva unha mala racha, non so de derrotas, senon de catro marcadores moi contundentes, notando a baixa de Jhony, e a visita no derbi ao Vilalba non semella chegar no mellor momento.

O Esteo: Xeito, Cokito, Héctor, Jandro, Troncho – Costi, Marcos, Sergio, Martín, Juan, Eloy.

ADC Lugo Sala: Álvaro, Borja, Iago, Brunito, Alex Diz – Nicolás, Antonio Diz, Luis, Miguel Muñoz, Diego Núñez, Yago, Héctor.

Goles: 0-1, Héctor (4´), 0-2, Antonio Diz (18´). 0-3, Iago Rodríguez (21´), 0-4, Bruno (22´), 0-5, Yago (25´), 0-6, Iago Rodríguez (31´), 0-7, Bruno (36´), 0-8, Bruno (37´).

Incidencias. Amarelas a Xeito, Martín, Iago Rodríguez, e o adestrador Guillermo. Uns 125 espectadores no Pavillón Municipal.

Lea también

Esmelle disfruta de una jornada de gran nivel en el Gadis Surf Festival Ferrol antes de las finales del circuito júnior

La playa de Esmelle volvió a ofrecer este sábado un gran espectáculo con la disputa …