A Xove Banda de Narón ofrece un concerto con motivo da festividade de Santa Icía

A Xove Banda de Narón, da Asociación Cultural Musical Sementeira, ofrece este sábado 18, un concerto con motivo da próxima conmemoración, o 22 deste mes, de Santa Icía, Día Internacional da Música.

A cita terá lugar nas instalacións do Centro Comercial Odeón a partir das 19:00 horas. O Padroado da Cultura de Narón organiza esta iniciativa xunto coa Asociación Cultural Musical Sementeira, convidando a asistir a esta proposta cultural, na que se interpretará un amplo repertorio, a todas os veciños da cidade e doutros concellos.

Lea también

O CIM Móbil da Xunta fai parada en Narón con tres xornadas de atención no Val, Pedroso e O Alto do Castiñeiro

O Concello de Narón informa da nova campaña de visitas do servizo CIM Móbil da …