As Somozas investirá máis de 115.000 euros nas obras de construción da senda peonil que une A Toca con Pena de Eiriz

O Concello das Somozas investirá máis de 115.000 euros no proxecto de construción dunha senda peonil na estrada AC-861 da Toca, que conformará o último tramo e a unión entre a senda da Toca e a senda de Pena de Eiriz.

Esta intervención, financiada pola Deputación da Coruña, contempla a realización desta travesía peonil de 400 metros de lonxitude e 1,80 metros de ancho. Ademais, previamente á execución do pavimento contémplase a canalización e arquetas con sumidoiro para recollida de augas pluviais e paraa instalación de luminarias e iluminación pública. A actuación tamén recolle a instalación dunha varanda en aceiro inoxidable para optimizar e reforzar a seguridade viaria.

O alcalde, Juan Alonso, subliña “a importancia que teñen estas intervencións para seguir mellorando as comunicacións e infraestruturas do municipio e facilitando o día a día da nosa veciñanza e dos turistas que se acheguen á nosa vila”.

Lea también

La mejor danza contemporánea de Galicia llega al entorno del albergue de Neda

Con la atención puesta en el tiempo, el Ayuntamiento de Neda ultima los preparativos para …