Pontedeume asina o protocolo de adhesión ao sistema Viogen

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; o Alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández Piñeiro, e o Tenente Coronel Xefe de Operacións da Comandancia da Garda Civil de A Coruña, Jorge Bodelón Habas, asinaron  na Xunta Local de Seguridade, o protocolo de adhesión ao sistema Viogen de protección de mulleres vítimas de violencia de xénero.

Coa incorporación do concello de Pontedeume, xa son 23 os concellos da provincia da Coruña que están dentro do sistema Viogen.

Tras asinar o protocolo a subdelegada amosou a súa satisfacción pola incorporación de Pontedeume ao sistema Viogen manifestando que “Viogén é unha ferramenta imprescindible e necesaria para seguir avanzando na protección das vítimas de violencia machista”; así mesmo subliñou que “a loita contra a violencia de xénero é unha tarefa na que todas as institucións nos debemos de implicar ao máximo”, e por iso dende a subdelegación do Goberno “imos seguir traballando por ese compromiso”.

María Rivas fixo un chamamento a que aqueles concellos que todavía non se incorporaron a este sistema para que o fagan” para que entre todos e toda podamos continuar avanzando cara a erradicación da violencia contra as mulleres” e que cada día sexan máis os concellos que se adhiran ao sistema Viogen e que entre todas e todos podamos “continuar avanzando cara a erradicación da violencia contra a mulleres”

O sistema Viogen posibilita que a Policía Local dispoña de máis información sobre os casos activos de violencia machista dentro do municipio. De este xeito, os axentes da policía local pasan a asumir o seguimento e control de algúns de estes casos, por norma xeral de aqueles que son considerados de nivel de risco baixo ou non apreciado. Nos casos que revisten maior risco, é a Garda Civil a que se encarga de realizar o seguimento.

María Rivas fixo especial fincapé na importancia que que os concellos formen parte de este sistema de vixilancia e protección das vítimas, porque tal e como explicou “é a administración local a que está máis achegada as veciñas e veciños, e polo tanto, as policía locais de cada concello teñen un maior coñecemento da realidade e polo tanto enriquecen e mellora o servizo que prestan”.

Neste senso, a subdelegada destaca a importancia do traballo conxunto e do intercambio de información entre as administracións, “é esencial que exista esta colaboración para poder actuar de xeito coordinado e máis eficaz”.

Actualmente na provincia da Coruña son 2.192 as vítimas de violencia de xénero con casos activos na provincia, “2.192 mulleres e 2.192 familias que precisan algún tipo de protección policial para facer as súas vidas. Son 2.192 razóns que nos obrigan a seguir traballando para mellorar a súa vida e no camiño da erradicación da violencia machista”.

A subdelegada quixo trasladarlle ao alcalde, Bernardo Fernández Piñeiro, o seu agradecemento polo esforzo realizado no desenvolvemento de políticas de igualdade e de loita contra la violencia de machista, tal como se evidencia nas medidas adoptadas e que culminarán coa incorporación da Policía Local ao sistema Viogen. Ademais María Rivas recordou que Pontedeume recibiu este ano preto de 3.000€ do Pacto de Estado para actividades de prevención e sensibilización en esta materia.

Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero

A Subdelegación do Goberno na Coruña e o concello de Pontedeume xa están traballando para a inminente constitución da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, a número 37 na provincia, que incorpora a todos aqueles axentes que desde diferentes ámbitos (policial, sanitario, educativo, servicios sociais ou xustiza) traballan na loita contra a violencia machista.

De este modo Pontedeume xa contará con todos os instrumentos que desde a subdelegacion do Goberno podemos poñer a súa disposición para seguir loitando contra a violencia machista

Lea también

O Club Náutico Firrete, Pontedeume, mellora as súas instalacións deportivas

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta semana as instalacións do …