A produtora Portocabo rodou en Narón novas escenas da terceira tempada de “Rapa”

A grabación da terceira tempada da serie “Rapa” en varias zonas da cidade de Narón implicou a cesión de instalacións como o Auditorio municipal e restricións no estacionamento en varias rúas da cidade. Dende a produtora Portocabo solicitáronse ao Consistorio os permisos oportunos para atender as necesidades das gravacións nos últimos meses.

As rúas Santo Tomás, San Nicolás, San Xurxo, o Camiño do Peregrino, as inmediacións do estadio municipal de Río Seco, a zona de Aldea Nova, en Sedes, e o Auditorio municipal da Praza de Galicia foron algúns dos espazos sobre os que traballaron dende a produtora dende o pasado mes de agosto.

Así mesmo, á hora de aplicar estas medidas, contouse coa colaboración de persoal voluntario de Protección Civil de Narón, do SPEIS e tamén axentes da Policía Local, co fin de atender as demandas solicitadas pola productora.

 

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …