O Concello de As Pontes informa que xa está aberto o prazo de inscrición para participar no programa de Turismo do Imserso. Este programa está dirixido a persoas residentes en España que reúnan algún dos seguintes requisitos:
-Ser pensionistas de xubilación do sistema da seguridade social española.
-Ser pensionistas de viudedade do sistema da seguridade social española, cunha idade igual o superior a 55 anos.
-Ser pensionista por outros conceptos do sistema da Seguridade Social española ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con 60 anos cumpridos.
-Ser titular ou beneficiario do sistema da seguridade social, con 65 anos cumpridos.
Considérase beneficiario, en calidade de acompañante, ao cónxuxe ou parella de feito desta persoa, aínda que non é preciso que reúna os requisitos de idade e pensión. En todo caso, os solicitantes deberán valerse por si mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.
A participación no programa inclúe:
-Viaxe de ida e volta no medio de transporte programado, dende a capital de provincia ao hotel de destino e regreso, excepto na modalidade de viaxes sen transporte.
-Aloxamento en réxime de pensión completa, en habitación dobre a compartir en hoteis seleccionados polo Imserso. Contemplase o aloxamento en habitación individual, que terá un suplemento no prezo e estará suxeito a dispoñibilidade de prazas.
-Póliza de seguros colectiva.
-Servizo médico, complementario da Seguridade Social, no propio Hotel.
-Programa de animación socio-cultural
Nos turnos de Turismo de Natureza e Circuítos Culturais, dadas as súas especiais características, non se inclúe nin o servizo médico, nin o programa de animación socio-cultural. Para máis información: Servizos Sociais do Concello (2º andar da Casa Dr. Dopeso) en horario de 8:30 a 14:00 hora ou www.imserso.es