O Esteo cae na casa ante Caja Rural Atlético Benavente

Cokito ante Caja Rural Atlético Benavente | Xosé Ferreiro

Xosé Ferreiro

Dura derrota do O Esteo esta tarde 1-6 ante un conxunto, o Caja Rural Atlético Benavente zamorano, que foi outro temporal máis para o cadro pontés esta tarde.

No conxunto branquiazul destacar a presenza, como adestrador, de Marcos Vara, quen fora moitos anos porteiro do Lobelle de Primeira División, e tamén do Santa Coloma. De xogador, o mítico Charlie, ex tamén de Lobelle e Santa Coloma, e Levante, Navarra, Guadalajara ou Móstoles en Primeira División, e incluso da selección española.

Tres erros locais en defensa permitiron anotar precisamente a Charlie, que regresaba tras estar ausente das pistas nas seis primeiras xornadas, Pablo anotaba o segundo, e tralo terceiro erro defensivo local tocou o balón coa man moi forzado Xeito, sendo expulsado e anotando Sergio Simón o terceiro en superioridade, e deixando o encontro moi encarrilado.

Aínda máis cando preto do descanso Jose María anotaba o cuarto. O segundo tempo serviu para ver como redondeaban o marcador Cristian e Álvaro, e Troncho facía o da honra para os locais, que siguen últimos con tres puntos antes do derbi co Café Candelas O Parrulo «B».

O Esteo: Xeito, Costi, Cokito, Héctor, Jandro – Joan, Juan, Troncho, Sergio, Eloy.

Caja Rural Atlético Benavente: Daniel, Pablo, Sergio, Isidro, Ángel – Rubén, Álvaro, Francisco, Christian, Charlie, Jose María, Cristian.

Goles: 0-1, Charlie (9´), 0-2, Pablo (11´), 0-3, Sergio (16´), 0-4, Jose María (19´). 0-5, Cristian (34´), 0-6, Álvaro (36´), 1-6, Troncho (37´).

Incidencias. Amarelas a Sergio Cabarcos, Jandro, Cokito, Ángel, Cristian. Expulsado con vermello directo Xeito (15´). Uns 125 espectadores no Pavillón Municipal.

Lea también

Equiocio Ferrol impulsa la promoción de la Costa das Ondas con una nueva jornada de bautismos de surf en Esmelle

La playa de Esmelle acogió hace unos días una nueva edición de los bautismos de …