Valentín Formoso, premio COGAVE polo apoio da Deputación da Coruña ó movemento asociativo veciñal

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asistiu en Lugo á entrega dos premios anuais da Confederación Galega de Asociacións Veciñais (COGAVE), que congregou a unha ampla representación de representantes políticos, sociais, culturais e veciñais de toda Galicia.

 

Formoso recibiu de mans do delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e a presidenta da Federación de Asociacións de Veciños da Coruña, Luisa Varela, un dos galardóns COGAVE 2023 co que a Confederación de entidades veciñais de Galicia recoñece o apoio da Deputación coruñesa ao movemento asociativo veciñal.

 

Valentín González Formoso agradecu o galardón e destacou a importancia de que os gobernos locais manteñan canles de comunicación directas e fuídas coas entidades veciñais, escoitando e atendendo as súas demandas. “A política e o asociacionismo veciñal traballamos cun mesmo obxectivo: mellorar os nosos pobos e cidades, mellorar a vida das persoas”, afirmou.

Outras persoas e institucións que recibiron galardóns este ano foron a Fundación Diego González Rivas, a Asociación Ferrolana de Drogodendencias (ASFEDRO), a empresa Aceites Abril, Francisco José Fraga, vicerreitor do Campus Universitario de Lugo; Manuel Núñez, presidente do Colexio de Graduados Sociais de Galicia; José Francisco Real, presidente da Asociación de Hostalaría de Galicia; Miguel Ángel González Arias, xeneral da Guardia Civil, entre outras.

Lea también

Arrancan los exámenes para Policía Local en Silleda el 28 de septiembre con más de 800 aspirantes

La convocatoria cuenta con 105 plazas distribuidas en 31 ayuntamientos de Galicia. Más de 800 …