Mércores 25 de outubro de 2023
Actividade: “Lost in translation” Lugar: Pazo da Cultura Hora: 20.00
O Padroado da Cultura e o Cineclube Serie B organizaron un novo ciclo de cine, “Cine eterno”, sobre películas que fixeron historia. Nesta xornada poderase ver o filme “Lost in translation”. A entrada é de balde.
Xoves 26 de outubro de 2023
Actividade: Visitas guiadas á Biblioteca municipal Lugar: Biblioteca municipal Hora: 18.00
O Concello organiza unhas visitas guiadas á Biblioteca municipal, co fin de coñecer as instalacións e tamén os servizos que se prestan nas mesmas. O acto enmárcase no programa do Mes da Biblioteca, deseñado con motivo do Día Internacional das Bibliotecas.
Venres 27 de outubro de 2023
Actividade: Visitas guiadas á Biblioteca municipal e á Axencia de Lectura da Gándara. Lugar: Biblioteca municipal Hora: 11.00/17.30
O Concello organiza unha nova visita guiada á Biblioteca municipal pola mañá e pola tarde á Axencia de lectura municipal da Gándara, co fin de coñecer as instalacións e tamén os servizos que se prestan nas mesmas. O acto enmárcase no programa do Mes da Biblioteca, deseñado con motivo do Día Internacional das Bibliotecas.
Actividade: Obradoiro da Semana da Seguridade Lugar: Praza da Igualdade (A Gándara). En caso de choiva a actividade trasladarase ao interior das instalacións do colexio Santiago Apóstol, tamén na Gándara Hora: 11.30
O Concello organiza este obradoiro, aberto á cidadanía xeral e que precisa inscrición previa, de balde. Os participantes participarán en tres accións sobre autoprotección e comportamentos seguros, primeiros auxilios e outro sobre “O mundo dende unha cadeira de rodas”.
Actividade: “Espazo xove” Lugar: Casa da Mocidade Hora: De 17.30 a 20.30
O Concello organiza esta iniciativa, dirixida á mocidade de entre 12 e 16 anos e que inclúe numerosas actividades de ocio en catro espazos diferenciados, para videoxogos, xogos cooperativos, lectura e debuxo e pintura. Nesta xornada haberá un obradoiro de decoración de Samaín. A entrada é de balde.
Sábado 28 de outubro de 2023
Actividade: Celebración do Día Internacional das Bibliotecas Lugar: Praza de Galicia Hora: Dende as 11.30 e a partir das 17.00
O Concello celebra o acto con varias propostas dirixidas a público familiar e infantil… un contacontos para bebés, outro infantil, un obradoiro e un espectáculo de maxia centran a programación desta xornada. A entrada é de balde.
Actividade: “Espazo xove” Lugar: Casa da Mocidade Hora: De 17.30 a 20.30
O Concello organiza esta iniciativa, dirixida á mocidade de entre 12 e 16 anos e que inclúe numerosas actividades de ocio en catro espazos diferenciados, para videoxogos, xogos cooperativos, lectura e debuxo e pintura. Esta xornada estará adicada a un obradoiro de disfraces de Samaín. A entrada é de balde.
Domingo 29 de outubro de 2023
Actividade: Ciclo “Tempo de música” Lugar: Local social da Picota (O Couto) Hora: 18.00
O Padroado da Cultura colabora coa Asociación de Veciños do Couto na organización deste evento, que este ano alcanza a súa trixésima edición. Nesta última xornada actuarán a agrupación “Culpables”, de Neda, e a coral “Amistad”, da Asociación de Veciños do Couto. A entrada é de balde.
Luns 30 de outubro de 2023
Actividade: Proxección do Samaín: “Frankenweenie” Lugar: Pazo da Cultura Hora: 19.00
O Padroado da Cultura, en colaboración co Cineclube Serie B organiza unha proxección de cine, na que se poderá ver a película “Frankenweenie”, de Tim Burton. É unha proposta dirixida a público familiar e con entrada de balde.
Martes 31 de outubro de 2023
Actividade: Actos do “Samaín” Lugar: Local social de San Mateo (e inmediacións) Hora: 17.00
O Padroado da Cultura colabora coa Agrupación Veciñal de San Mateo nos actos do Samaín. Unha exposición e un obradoiro de cabazas, outro de maquillaxe, un espectáculo de números de circo terrorífico e o percorrido da “Comitiva de luces e tebras” centran o programa, que pechará coa actuación da Banda de Gaitas do Padroado da Cultura.
Dende a agrupación veciñal serviranse, a un prezo de dous euros, racións de caldo e liscos.