Empresarios de Ferrol.-Francisco Barcón y Quevedo

O empresario ferrolán Diego Francisco Barcón y Quevedo naceu o 20 de decembro de 1830, nunha vivenda porticada das Casas de Salomón da rúa Real, situada fronte ao edificio de Capitanía General. Sendo mozo emigrou a Ultramar; o ano 1847, con 17 anos de idade embarcou no peirao de O Seixo, vía porto de A Coruña, con destino a Illa de Cuba.

Primeiro matrimonio. Francisco Barcón comezou a traballar nunha empresa azucreira e de algodón na illa cubana, contraendo matrimonio o año 1853 con María Luisa de Alba y Sanmartín, filla do propietario da facenda, pasando pronto a dirixir a empresa.
Tivo catro fillos: Francisco, Augusto, Luisa e Ildefonso, sufrindo pronto a perda da súa muller que faleceu afogada.

Durante a súa estancia en Cuba comezou un movemento independentista dirixido polo avogado Manuel de Céspedes, que foi a orixe da chamada Guerra de los Diez Años, iniciada en outubro de 1868 e rematada coa Paz de Zanjón el año 1878. Francisco Barcón enfrontouse aos insurrectos, organizando a súas expensas varios escuadróns militares de cabalería.

caricatura de Francisco Barcón

Tras perder un ollo en combate, o Goberno Español concedeulle o rango de Teniente Coronel. Foi nomeado Fillo Benemérito da Patria, recibindo as condecoracións da Gran Cruz de Isabel la Católica, Medalla de Cuba, Medalla del Mérito Militar, Medalla de la Cruz Roja e Orden de Comendador de Carlos III.

Segundo matrimonio. Francisco Barcón volveu a casarse en Cuba con María Luisa Horta, cidadá cubana de orixe español, viúva do seu tío Manuel Quevedo Paradela. Do matrimonio tivo tres fillos: Luis, Francisco y Rafael, morrendo a súa segunda esposa durante o parto do terceiro fillo Rafael o ano 1872.

Terceiro matrimonio. O regreso definitiva a España de Barcón y Quevedo tivo lugar o ano 1874, con 44 anos cumpridos, afincándose en Ferrol, rúa Magdalena, esquina coa rúa da Terra. Ese mesmo ano levou a cabo o seu terceiro matrimonio, casándose coa súa sobriña carnal Ubalda Juana Sandino Barcón, coa que tivo outros tres fillos: Rita, Antonio e Ubaldo.

O ano 1876 Francisco Barcón e o empresario francés Eugenio Foch fundaron unha compañía para fabricar fiados e tecidos de algodón, sociedade ampliada o ano 1878 coa entrada do comerciante coruñés Ángel Paredes. En novembro dese ano Francisco Barcón mercou ao Estado a inactiva Real Fábrica da Moneda de Xuvia, incluíndo a finca anexa, situada na desembocadura do río Xuvia, para instalar unha fábrica de fiados e tecidos co nome de “Barcón y Cía”, que sería inaugurada en marzo de 1878.

Por unha Real Orde de maio de 1879 o porto de Xuvia foi autorizado para a importación de algodón en rama como materia prima da

fabrica textil de xuvia

fábrica así como para a exportación da súa produción. O ano 1883, trala separación dos seus primeiros, o comerciante ferrolán xunto co seu fillo Ubaldo Barcón Sandino, converteuna na fábrica téxtil máis importante de Galicia.

Para seu traballo contaba cunha moderna maquinaria movida por enerxía eléctrica e vapor, chegando a contar con máis de 200 teares e 500 operarios, na súa maioría mulleres, converténdose a principios do século XX nun importante abastecedor dos mercados de España, Europa e Hispanoamérica.

Ademais do amplo complexo industrial que incluía talleres e oficinas, Francisco Barcón construíu un elegante conxunto residencial que incluía un pazo-vivenda, unha capela, xardíns e embarcadoiro.

Este conxunto converteuse en un lugar habitual de residencia dos visitantes ilustres de Ferrol. O 6 de setembro de 1900 os Reis de España desprazáronse desde Ferrol para visitar este complexo téxtil.

Visita Real

El 19 de febreiro de 1928 Francisco Barcón vendeu as instalacións da Fábrica de tecidos de Xuvia ao banqueiro Dionisio Tejero Pérez, que continuou as actividades da fábrica baixo a firma Galicia Industrial.

Pola súa parte, Francisco Barcón foi o impulsor doutras iniciativas industriais, directamente o apoiando a súa familia. Este foi o caso de Estaleiro de Xuvia dirixido polo seu fillo Ubaldo Barcón Sandino, que foi construído a finais do ano 1918 no estuario próximo á ponte do río Xuvia. Entre 1919 y 1920 botáronse no estaleiro varios barcos de pesca y mercantes, dun certo porte, cascos de madeira e maquinaria
de vapor importada de Inglaterra.

Barcón y Quevedo foi tamén o principal promotor do tranvía eléctrico de Ferrol a Neda. O seu fillo Ubaldo Barcón obtivo la concesión de dicha liña, constituíndose en novembro de 1922 unha Sociedad Anónima Tranvías de Ferrol, que inaugurou en agosto de 1924 o tramo de Ferrol a Xuvia, incorporando o ano 1932 os traxectos entre o Portazgo de Xuvia e Neda, e entre a Porta Nova e o Porto de Ferrol. Os seus servizos prolongáronse ata xullo de 1961 sendo substituídos por unha liña de autobuses.

Foron de gran importancia en Ferrol las actividades que desenvolveu Francisco Barcón no campo da prensa. Foi o fundador e propietario do periódico “Diario Ferrolano”, que saíu á luz o 16 de abril de 1903, pasando pronto a selo propietario seu fillo Ubaldo Barcón. Suspendeu a súa publicación, por razóns de índole económica, a finais de xuño de 1917.

O periódico “El Correo Gallego”, fundado o ano 1878 en Ferrol por José María Albizanda, foi mercado o ano 1912 por Francisco Barcón y Quevedo, sendo logo dirixido polos seus fillos Rafael Barcón Orta e Ubaldo Barcón Sandino. Despois de permanecer nas más da familia Barcón durante 26 años, en outubro de 1938 o periódico foi vendido á editorial Compostela S.A., pasando a realizarse ba súa impresión en Santiago.

Francisco Barcón y Quevedo faleceu o 24 de xuño de 1920, aos 90 anos de idade, sendo enterrado no panteón familiar de Santa María de Neda, sendo trasladados os seus restos o ano 1967 á igrexa de Santa Rita de Xuvia. No seu recordo leva o seu nome unha praza do concello de Narón desde o ano 2002. Diversos aspectos da súa vida e obra foron tratados en diversos traballos por Siro López, Justino Fernández
Negral, Guillermo Llorca, Juan J. Burgoa e o seu bisneto Carlos Barcón Collazo.

A igrexa de Santa Rita de Xuvia

O templo de Santa Rita de Xuvia é unha igrexa de estilo neoclásico que mandou construír o ano 1917 Francisco Barcón y Quevedo en memoria de súa filla Rita, falecida dunha tuberculose cando tiña 21 años de idade

De planta rectangular e bóveda de canón, ten unha ábsida rectangular e capelas laterais decoradas con vidreiras. A fachada de tres panos e porta de entrada de arco de medio punto ten dúas torres campanario laterais.

Lea también

Las cuentas del concello

Enrique Barrera Beitia El pasado lunes el pleno municipal ferrolano aprobó el presupuesto para 2024. …