La farmacia de atención primaria de Galicia modelo de referencia para el resto de España

O director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas, clausurou este fin de semana as IV Xornadas da FAPsGAL (Asociación de Farmacéuticos de Atención Primaria de Galicia) sobre Seguridade Fármaco Terapéutica. No acto, sinalou que a farmacia de atención primaria de Galicia durante estes 25 anos deu pasos seguros e é un modelo de referencia para España.

Segundo remarcou o director xeral, e tal e como se viu nas xornadas, achega gran valor na seguridade farmacoterapéutica do paciente, tanto individual como colectiva, e debe estar presente na toma de decisións do equipo multidisciplinar de primaria no tratamento de pacientes complexos, como son os crónicos pluripatolóxicos. Para Aboal, o labor da farmacia de primaria é estratéxica tamén na constitución dos equipos de programas de optimización de uso de antibióticos. Dado que en primaria prescríbese máis do 80% dos antibióticos do sistema, o farmacéutico deste nivel asistencial debe liderar estes equipos e achegar o seu coñecemento na formación dos profesionais de primaria, médicos residentes e de familia e, por suposto, colaborar na formación á poboación.

Tamén destaca o labor que a Sociedade Española de Farmacia de Atención Primaria está a realizar por unha formación regrada especializada para esta categoría profesional. O seu papel é fundamental como farmacéutico de ligazón entre a atención hospitalaria e a farmacia comunitaria, e, por tanto, garantía para a continuidade asistencial do paciente nas transicións asistenciais, -concluíu o director xeral do Sergas-.

Lea también

La borrasca Caetano obliga a activar alertas nivel naranja y amarillo por vientos y lluvias en Galicia este jueves

Además, MeteoGalicia informa de varios avisos nivel amarillo por lluvias acumuladas puntualmente superiores a los …