Valoración do BNG de Ferrol dos Orzamentos da Xunta para a cidade

Iván Rivas, portavoz do BNG no Concello de Ferrol, considera que «os orzamentos para este 2024 da Xunta de Galicia demostran a desvergoña e frivolidade coa que o PP enfronta os problemas na cidade»

O portavoz nacionalista chamou a atención respecto do feito de que «hai apenas tres días que Rey Varela e Rueda se reunían en Ferrol para anunciar que as diferentes necesidades da cidade terían que ser asumidas de maneira “corresponsable” polos veciños da cidade»

«Onte comprobamos como a parte do feito de considerar como unha verdadeira tomadura de pelo que se queira facer corresponsables aos e ás ferrolás das competencias da Xunta de Galicia, moitos dos anuncios que a Xunta se comprometía a desenvolver de maneira compartida hai tres días, agora ou nin aparecen ou aparecen cunha substancial redución nestes orzamentos para 2024»

«A nula dotación para o pavillón do IES de Ferrol Vello, para o centro de saúde de San Xoan ou para abrir Ferrol ao mar e os escasos 0,4M que se recollen para o saneamento da zona rural cando hai tres días o PP anunciaba 1,8M demostran o comportamento trilero de Rey Varela e Rueda»

«Do mesmo xeito o anunciado Plan de rehabilitación para a cidade que se anunciaba cun importe de 18M de euros queda reducido a 1,75M de euros do plan REXURBE e que non se circunscriben unicamente ao territorio do Concello de Ferrol senón que é unha dotación económica para toda a provincia de A Coruña»

«A esta realidade súmase a inexistencia de partidas que acometan a renovación de centros de ensino na cidade como o IES Concepción Arenal ou a rehabilitación da casa de Carvalho Calero que aínda agarda pola declaración de zona ZER por parte da Xunta de Galicia para permitir a súa execución nun barrio que carece de Plan Especial que facilite o desenvolvemento de proxectos de rehabilitación»

«Por último a frivolidade coa que o PP pretende dar solución aos problemas da cidade queda patente na dotación de 150.000 euros para unha suposta estación intermodal cando non se consigan un só euro para resolver o problema do transporte público por estrada, sendo hoxe unha competencia exclusiva autonómica, e cando carecemos de servizo e conexións ferroviarias e que serían os investimentos que nos permitan abordar a intermodalidade na cidade de xeito real e práctico»

Lea también

Ferrol edita 7.000 ejemplares turísticos para promocionar las actividades de la ciudad en la Semana Santa

La guía turística de actividades de la Semana Santa de Ferrol en este 2026 ya …