Fene acolle a presentación do Obradoiro de Emprego de Garantía Xuvenil Inicia VII

O alcalde de Fene, Juventino Trigo, xunto cos de Ares, Mugardos e Cabanas e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, presidiron o acto de presentación do Obradoiro de Emprego de Garantía Xuvenil Inicia VII no Concello de Fene.

Tamén asistiu o persoal do obradoiro: a directora e os docentes de “Fabricación de montaxe de instalacións de tubaxe industrial”, de “EXB” e de “Formación empresarial”, amais dos 16 alumnos traballadores seleccionados

Inicia VII é un programa mixto de emprego e formación que ten como finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas participantes, “mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional para o emprego recibida, procure a súa cualificación profesional e a súa posterior inserción laboral no mercado de traballo”

O programa está subvencionado pola Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, por un importe que ascende a 424.836,96€, e conta co apoio financeiro da Unión Europea a través do FSE+ e do SEPE, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

Cunha duración dun ano, comezou o pasado 9 de outubro e finalizará o 9 de outubro de 2024, a especialidade deste novo Obradoiro de Garantía Xuvenil vai ser a Fabricación e montaxe de instalacións de tubería industrial”contemplándose as seguintes actuacións nos concellos participantes:

Fene Sustitución e colocación de varandas nas escaleiras de prolongación da rúa Tellerías (San Valentín) e instalación de pasamáns laterais e dunha varanda central nas gradas do pavillón polideportivo da Xunqueira (San Valentín). Aportación do Concello: 8.930€

Ares Pasamáns e varandas para separación dos banquillos e zona técnica do campo de fútbol Prados Vellos e para separación da beirarrúa coa rotonda de acceso ao casco urbán de Ares, no cruce da Avda. De Redes e a rúa Porta do Sol. Aportación do Concello: 3.370€

Mugardos Protección de colectores de RSU. Aportación do Concello: 6.000€

Desde o inicio da súa participación no obradoiro dual de emprego, os 16 alumnos traballadores son contratados pola entidade promotora para a formación e aprendizaxe, polo que perciben unha retribución equivalente ao 100% do salario mínimo interprofesional, incluída a parte proporcional dunha paga e media extraordinaria. 

O remate do programa, terán o Certificado de Profesionalidade de Fábrica e Montaxe de Instalación de Tubería Industrial e estarán capacitados para continuar traballando de caldeireiro-tubeiro, tubeiro industrial ou tubeiro naval.

Lea también

La Cofradía de Pescadores de Barallobre participará por primera vez en la Feria Auténtica Sevilla 2025

La Cofradía de Pescadores de Barallobre anuncia su participación, por primera vez, en la Feria …