O Consello Sectorial de Igualdade acolle en Narón a presentación de propostas para conmemorar o 25N

 
A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, asistiu ao inicio do Consello Sectorial de Igualdade convocado no Concello de Narón e ao que acudiron representantes da corporación local e de entidades Movilidad Humana, Asociación de Fibromilaxia Fatiga Crónica del Noroeste (Affinor), Asociación sociocultural ASCM, Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), Asociación de Mujeres con Discapacidad de Galicia (Acadar) e Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra.
 
A rexedora local delegou a presidencia da convocatoria na edil de Igualdade, María Lorenzo, que avanzou que mañá venres se gardará un minuto de silencio ante o Concello, ás 12.00 horas, en sinal de condena do asasinato de Elisa Abruñedo, unha veciña de Cabanas asasinada hai dez anos por Roger Serafín Rodríguez, residente en Narón, que este jueves 19 confesou ser o autor do crime.
 
No transcurso da convocatoria presentáronse as propostas do Consistorio para celebrar o vindeiro 25 de novembro o Día internacional contra a violencia de xénero, dando a coñecer o plan de traballo que se levou a cabo nas últimas semanas. Os representantes do goberno local intercambiaron opinións xunto co resto de integrantes do Consello Sectorial, dende o que plantexaron algunhas propostas de cara a conmemorar na cidade o 25N e tamén outras para os vindeiros meses.
 
A edil responsable da área comprometeuse a analizar as iniciativas plantexadas para analizar a súa viabilidade de cara a integralas na programación a desenvolver nesa data.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …