O BNG de Narón reclama que se retiren postes en mal estado de telefonía e que éstes se supervisen

O BNG de Narón informou a semana pasada ao goberno de Terra Galega do mal estado dos postes de telefonía e a caída dun deles na parroquia do Val. O luns 16, na comisión de obras, fixeron o mesmo ao comprobar que o poste que caeu sobre o muro dunha casa continuaba.

“Un concello ten que supervisar, informar e incidir do que acontece nas súas rúas, máis con elementos que poden producir unha desgraza. Sexan estes elementos da súa propiedade ou non porque se non… para que queremos un goberno?” pregunta Olaia Ledo ante o que está a acontecer con postes de telefonía podres e en mal estado no concello de Narón. A resposta recibida polo concello, indican os nacionalistas, é que os postes non son da súa propiedade.

O BNG considera que esa resposta é unha falta de respeto cara a cidadanía  “sabemos perfectamente que eses postes son de telefonía pero tamén que, a administración máis próxima , ten que velar pola seguridade das veciñas e veciños de Narón. En Narón os cables soltos, que os hai, de telefonía son amarrados por veciños pero, os que cruzan estradas e rúas xa non poden actuar. Nós seguiremos informando ao concello como tamén nos transmitiron pero a capacidade para supervisar está na man de quen goberna”.

Indica o BNG que no Val caeu un poste sobre a fachada dunha casa porque ao estar os cables frouxos cruzando a estrada hai camións que chocan arrastrando o cableado e arrancando un poste en mal estado. O número de casas afectadas son 12 por esta caída, indican desde o BNG,  “estamos a falar dun problema grave que pode ter consecuencias fatais” insiste Olaia Ledo.

 

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …